RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
DÉPOR GENUINE

O Dépor Genuine concluíu ante o Atlético de Madrid unha gran fin de semana de fútbol inclusivo en Tarragona

O Dépor Genuine concluíu este domingo 23 de novembro ante o Atlético de Madrid unha gran fin de semana en Tarragona, no inicio da 8ª edición de LaLiga Genuine Moeve.

Esta competición, organizada pola Fundación LaLiga, promove valores como o compañeirismo, respecto, inclusión e superación. 

Neste ambiente de festa, Os Nosos participaron en 3 días de diversión nas instalacións do Mediterranean Sports Hub.

Os primeiros rivais do Dépor Genuine esta temporada foron o Granada CF, FC Cartagena e Atlético de Madrid.

Este domingo venceron os colchoneiros por 2-1 no encontro que pechou esta sede para o Dépor Genuine.

Onte sábado Os Nosos derrotaron ao Granada CF por 4-0 e empataron (2-2) co FC Cartagena.

Os resultados do Dépor Genuine nesta primeira etapa de LaLiga Genuine foron os seguintes:

Sábado 22 de novembro
DÉPOR GENUINE 4 - GRANADA CF 0
DÉPOR GENUINE 2 - FC CARTAGENA 2

Domingo 23 de novembro
ATLÉTICO DE MADRID 2 - DÉPOR GENUINE 1