RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
DÉPOR GENUINE

Fin de festa do Dépor Genuine en Gijon na segunda fase de LaLiga Genuine Moeve

-Foto:LaLiga Genuine

 

O Dépor Genuine viviu unha apaixonante fin de semana na segunda fase da temporada 2025-26 de LaLiga Genuine Moeve, unha competición para persoas con discapacidade intelectual posta en marcha pola Fundación LaLiga, co Sporting de Gijón como equipo anfitrión.

Máis aló dos resultados, foron xornadas de sorrisos, abrazos e soños cumpridos. 

Sobre o céspede da cidade deportiva de Mareo viuse fútbol e algo moito máis grande: respecto, superación e a alegría de compartir o que máis lles gusta. 

Cada xogada, cada gol e cada aplauso desde a bancada lembraron que o deporte ten o poder de unir, emocionar e romper barreiras.

Os Nosos demostraron que este equipo é moito máis que fútbol. É ilusión, é familia e é un exemplo de que, cando se xoga co corazón, sempre se gaña.

Este domingo 8 o partido previsto foi ante o CA Osasuna, cun competido empate final: 2-2.

O programa de actividades para Os Nosos arrincou este sábado 7 de marzo pola mañá cun acto institucional de benvida no Estadio El Molinón - Enrique Castro 'Quini'.

Alí, o Dépor Genuine foi recibido oficialmente por representantes institucionais do Sporting e da cidade de Gijón.

Pola tarde arrincou a competición para os branquiazuis.

LaLiga Genuine está composta por 50 equipos divididos en 3 grupos: Deportividade, Respecto e Compañeirismo.

De aquí saen 2 campións: un de competición e outro de 'Fair Play'.

Os partidos estiveron divididos en 4 partes de 10 minutos cada unha.

Cada parte gañada suma 1 punto mentres que a empatada ou perdida, 0.

Os resultados do Dépor Genuine foron os seguintes:

Sábado 7 de marzo
REAL SOCIEDAD FUNDAZIOA 2 - DÉPOR GENUINE 1

Domingo 8 de marzo
DÉPOR GENUINE 2 - CA OSASUNA 2