RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
DÉPOR GENUINE

O Dépor Genuine arrinca esta fin de semana en Tarragona a 8ª edición de LaLiga Genuine Moeve

O Dépor Genuine inicia esta fin de semana en Tarragona a 8ª edición de LaLiga Genuine Moeve, que se celebrará nas instalacións do Mediterranean Sports Hub.

Esta temporada, a competición estará distribuída en 5 sedes, ademais da fase final, con este calendario:

Tarragona: 20, 21 e 22 de novembro

Cádiz: 31 de xaneiro e 1 de febreiro na Cidade Deportiva Baía de Cádiz

Gijón: 7 e 8 de marzo en Mareo

Granada: 25 e 26 de abril na Cidade Deportiva do Granada CF

Burgos: 30 e 31 de maio na Cidade Deportiva do Burgos CF

Ciudad del Fútbol de Las Rozas: 19, 20 e 21 de xuño

Nesta fase final determinaranse os 3 campións de Fair Play e os 3 campións deportivos dunha temporada chea de sorpresas.

Antes de comezar os partidos nesta primeira sede, Os Nosos pasarán este venres 21 de novembro unha xornada moi especial en PortAventura World. Durante a mañá, gozarán dunha actividade no parque temático e, posteriormente, compartirán unha comida na Cantina de México xunto a representantes institucionais de Fundación PortAventura e FUNDACIÓN LALIGA.

Os primeiros rivais do Dépor Genuine serán o Granada CF, FC Cartagena e Atlético de Madrid, con este calendario:

Sábado 22 de novembro
11:00: DÉPOR GENUINE - GRANADA CF
16:30: DÉPOR GENUINE - FC CARTAGENA

Domingo 23 de novembro
10:00: ATLÉTICO DE MADRID - DÉPOR GENUINE