RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
GL

Consello de administración

Image

PRESIDENTE

Image

ÁLVARO VALENTÍN GARCÍA DIÉGUEZ

A Coruña, 1959

Licenciado en Ciencias Económicas pola USC e Máster en Mercadotecnia Empresarial pola Politécnica de Madrid. Desenvolveu integramente a súa carreira profesional no sector financeiro, ocupando postos de responsabilidade nas áreas de Desenvolvemento de Negocio, Medios de Pago e Negocio Especializado, responsabilizándose da definición da estratexia comercial no ámbito de particulares e empresas. Nos últimos anos foi o director xeral de ABANCA Seguros, área que se converteu nun dos alicerces estratéxicos da entidade financeira. Foi e é conselleiro de diversas entidades do sector de Investimentos e Seguros e profesor da Facultade de Ciencias Económicas na Universidade da Coruña. Socio 8.981 do RC Deportivo.

CONSELLEIROS

Image

ÁLEX BERGANTIÑOS GARCÍA

A Coruña, 1985

Pertenceu como xogador á disciplina deportivista durante máis de dúas décadas. Desde a súa chegada en idade xuvenil procedente do Imperátor OAR xogou 21 temporadas como branquiazul. A pesar de debutar co Dépor con 26 anos, xogou 336 partidos oficiais que lle converten no 9º xogador que máis veces vestiu a camiseta branquiazul nos seus case 117 anos de existencia. Álex disputou 92 partidos en Primeira División, 152 en Segunda División, 74 en Segunda B ou Primera Federación, 11 en Copa do Rei, 3 en playoff de ascenso a Primeira División e 4 en playoff de ascenso a Segunda División, nos que o ex capitán branquiazul asinou 11 goles.

Image

CARLOS ALBERTO BALLESTA EDREIRA

San Pedro de Nós (Oleiros, A Coruña), 1955

Vinculado ao Deportivo como futbolista, adestrador e observador durante case 40 anos. Chegou ao equipo Xuvenil en 1970, subiu ao Fabril en 1973, saltou ao primeiro equipo en 1974 e nel xogou 278 encontros oficiais ata que se retirou en 1985. Entre 1986 e 1995 exerceu como segundo adestrador con Eusebio Ríos, Luis Rodríguez Vaz e Arsenio Iglesias, e desde 1995 até 1999 como técnico do Fabril. Desde 2014 forma parte da organigrama de #ANOSACANTEIRA no seu departamento de Captación.

Image

MICHELLE CLEMENTE ESCOTET

Caracas (Venezuela), 1994

B.A. en Business Management pola Universidade de Carolina do Norte de Chapel Hill. Foi xogadora do Dépor ABANCA e da selección venezolana Sub-17 e Sub-20. Participou no Mundial Sub-17 en 2010, no Campionato Suramericano Sub-17 e Sub-20 e disputou a Copa Liberadores en 2011. Actualmente traballa na xestión do sector Hospitality (F&B) e no desenvolvemento de estratexias empresariais. É experta en análise financeira, optimización de procesos e cumprimento normativo. Anteriormente, desenvolveu a súa carreira nas áreas de Medios de Pago, Mercadotecnia e Responsabilidade Social Corporativa.

Image

JOSÉ VICENTE FERNÁNDEZ RODRÍGUEZ

Licenciado en Ciencias da Actividade Física e o Deporte, con especialización en deportes de equipo, principalmente fútbol, baloncesto e balonmán. Conta con formación complementaria en Ciencias da Actividade Física, Deporte e Saúde, en INEF Galicia. A súa traxectoria profesional desenvólvese integramente no mundo do deporte. Foi adestrador e preparador físico no Básquet Coruña, técnico nas escolas deportivas de baloncesto e fútbol da Coruña, e técnico deportivo das actividades físico-deportivas e de saúde en Abegondo.