RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

Xornada diferente para o Dépor ABANCA en The Rombo Code e Sanbrandan Lunch

En plena recta final da temporada no grupo norte de Reto Iberdrola, o cadro do Deportivo ABANCA terá mañá xoves 19 maio unha xornada diferente, idónea para recargar baterías.

En lugar do céspede de Abegondo, as futbolistas branquiazuis, do mesmo xeito que os xogadores do primeiro equipo masculino fai quince días, realizarán ás 12:00 un xogo de Escape Room, por xentileza da empresa The Rombo Code, situada no polígono coruñés da Grela e especializada en eventos de empresa e celebracións particulares.

As xogadoras, divididas en varios grupos, terán que, utilizando a lóxica e o traballo en grupo, escapar dunha habitación nun tempo establecido.

A xornada concluirá ás 13:45 cunha comida para futbolistas e técnicos no Sanbrandan Lunch situado na tenda FNAC da praza de Lugo.

Desta forma, o adestramento que se ía a realizar mañá sobre o céspede da Cidade Deportiva trasladarase ao sábado 21 ás 11:00 horas, antes de viaxar pola tarde a Asturias para visitar o domingo 22 de maio ao Real Oviedo a partir das 11:30, en choque retransmitido en directo a través da canle de YouTube de Área 21 TV.