Coa División de Honra xuvenil xa finalizada e o Xuvenil A á espera do sorteo da primeira eliminatoria da Copa do Rei, esta semana hai parón na Liga Nacional (Xuvenil B), División de Honra cadete (Cadete A), Liga Galega cadete (Cadete B) e Liga Galega infantil (Infantil A), debido aos compromisos das Seleccións Territoriais.
No entanto, este parón será aproveitado polo Cadete B e Infantil A para, mañá sábado 14, xogar os seus partidos aprazados no seu día en Abegondo ante o Dumbría (11:00) e ante o Ourense (11:30). Para estes dous partidos, os socios teñen libre acceso á cidade deportiva. O público paga 3 euros por entrada.
En Segunda División B haberá duelo de filiais no Cerro del Espino (Madrid). Se hai uns días víronse as caras no Wanda Metropolitano o Atlético de Madrid e o Dépor, este domingo 15 de abril (12:00) os protagonistas serán o Atlético B e o Fabril. O reto do conxunto de Munúa é recuperar o liderado, para o que depende ademais do encontro do Rayo Majadahonda o sábado en Cerceda.
Nesta ocasión tamén xogan en casa o domingo 15 o Infantil B (11:00 en Abegondo), Deportivo ABANCA B (16:00 en Arteixo) e Alevín A (11:00 en Abegondo).
Terá dobre compromiso o Alevín B, que disputará o encontro pertencente a esta fin de semana (mañá sábado 14) e ao do próximo (domingo 15 en Abegondo) debido a un torneo amigable que xogará en Alemaña o 21 e 22 de abril.
O calendario de partidos é o seguinte:
Segunda División B
34ª xornada: ATLÉTICO DE MADRID B - FABRIL, o domingo 15 de abril ás 12:00 no Cerro del Espino
Clasificación: 1. Rayo Majadahonda, 61 puntos; 2. Fabril, 59 puntos; 3. Fuenlabrada, 57 puntos; 4. Navalcarnero, 54 puntos; 5. Rápido de Bouzas e Celta B, 53 puntos...
Categoría feminina
26ª xornada: DEPORTIVO ABANCA B - UD MOS, o domingo 15 de abril ás 16:00 en Ponte dos Brozos (Arteixo)
Clasificación da Primeira Autonómica Feminina: 1. Valladares, 71 puntos; 2. Deportivo ABANCA B, 63 puntos; 3. Atlético Arousana, 58 puntos...
Categoría xuvenil
Clasificación final da División de Honra: 1. Sporting de Gijón, 70 puntos; 2. Xuvenil A, 68 puntos; 3. Celta, 65 puntos...
Clasificación da Liga Nacional: ... 3. Victoria (un partido menos) e Racing de Ferrol, 56 puntos; 5. Xuvenil B, 55 puntos; 6. Lugo B e Rápido de Bouzas (un partido menos), 37 puntos...
Categoría cadete
Clasificación da División de Honra: 1. Celta, 79 puntos; 2. Cadete A, 71 puntos; 3. Pabellón Ourense (un partido menos), 47 puntos...
25ª xornada: CADETE B - DUMBRÍA, o sábado 14 de abril ás 11:00 en Abegondo (campo 5)
Clasificación da Liga Galega: ... 4. Viveiro A, 52 puntos; 5. Lugo B e Cadete B (un partido menos), 51 puntos; 7. Escola Estrada Fútbol Base, 48 puntos...
Categoría infantil
11ª xornada: INFANTIL A - OURENSE, o sábado 14 de abril ás 11:30 en Abegondo (campo 7)
Clasificación da Liga Galega, Fase polo Título: 1. Celta, 33 puntos; 2. Infantil A (un partido menos), 24 puntos; 3. Ourense (un partido menos), 18 puntos...
32ª xornada: INFANTIL B - ÓRDENES, o domingo 15 de abril ás 11:00 en Abegondo (campo 5)
Clasificación da Primeira Autonómica, grupo 1º: 1. Infantil B (un partido máis), 74 puntos; 2. Orillamar, 66 puntos...
Categoría alevín
9ª xornada: ALEVÍN A - GALICIA CARANZA A, o domingo 15 de abril ás 11:00 en Abegondo (campo 7)
Clasificación do Trofeo Luis Calvo de fútbol once: 1. Alevín A, 24 puntos; 2. Lugo A (un partido menos), 18 puntos...
10ª xornada: OBRADOIRO - ALEVÍN B, o sábado 14 de abril ás 11:00 na Torre
11ª xornada: ALEVÍN B - CALVO SOTELO, o domingo 15 de abril ás 17:00 en Abegondo (campo de herba artificial)
Clasificación da Segunda Fase, grupo 1º: 1. Alevín B, 18 puntos; 2. Obradoiro, 15 puntos...
Categoría benxamín
14ª xornada: SAN TIRSO - BENXAMÍN A, o sábado 14 de abril ás 13:00 no campo do Monte (San Tirso)
Clasificación da Segunda Fase da Primeira Comarcal: 1. Benxamín A (un partido máis), 37 puntos; 2. Ural A (un partido menos), 26 puntos...
22ª xornada: IMPERÁTOR C - BENXAMÍN B, o sábado 14 de abril ás 11:00 na Torre
Clasificación da Segunda Comarcal A Coruña: 1. Benxamín B (un partido menos), 57 puntos; 2. Victoria C, 49 puntos...