RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL

Asistide

AsistiDE é o proxecto da Fundación Real Club Deportivo e Cruz Vermella que facilita a acódelas socias e afeccionadas do Dépor a accesibilidade ás actividades do Club, especialmente os partidos disputados no Estadio ABANCA-RIAZOR.

A través deste servizo, as persoas deportivistas con mobilidade reducida dispoñen de acompañamento gratuíto, grazas á participación de voluntarios e voluntarias de Cruz Vermella, até a súa localidade no estadio.

Persoas maiores, persoas abonadas con problemas de mobilidade e xente nova con diversidade funcional ou limitacións de mobilidade temporal que teñen dificultades para asistir aos partidos do Dépor téñeno, con AsistiDE, moito máis sinxelo.