RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL

Programa de Voluntariado

Image

O programa de Voluntariado do Dépor é unha aposta da Fundación RC Deportivo no seu compromiso de cambio social, animando así a todos os que forman parte da gran familia do Deportivo a crear alianzas colaborativas e impulsar a solidariedade.

Este programa, que forma parte do Voluntariado Galego da Consellería de Política Social da Xunta de Galicia, cumpre cos Obxectivos de Desenvolvemento Sustentable (ODS) para a axenda 2030 de Nacións Unidas, que non son outros que xerar impactos positivos na nosa contorna, conseguindo que todas as persoas vinculadas ao Club e á súa Fundación teñamos máis presenza na sociedade e que cada día podamos devolverlle todo o que esta nos dá. Con esa paixón e con esas ganas de axudar promovemos a participación de persoas empregadas, socias, accionistas, afeccionadas, institucións e colaboradoras en distintas accións ao longo do ano.

Se es deportivista, maior de idade e queres participar nos proxectos da nosa Fundación e deferentes iniciativas con impacto social da man do club, apúntate no noso formulario.

Unha vez recibida a túa petición contactaremos contigo para pasar á fase de entrevistas persoais. Posteriormente confirmarémosche como membro do equipo de voluntariado cun contrato de adhesión ao programa de voluntariado. Após unha fase de formación, pasarás a ser parte activa da plataforma de voluntariado.

Protección de datos de carácter persoal:

En cumprimento da normativa vixente en materia de Protección de Datos, informámoslle que os seus datos persoais serán incorporados a unha base de datos automatizada cuxo responsable é o Real Club Deportivo da Coruña, SAD. Se vostede autorízanolo expresamente, os datos persoais facilitados pola súa banda poderán ser empregados para a realización de accións comerciais, de promoción e/ou mercadotecnia, enviarlle información sobre sorteos, ofertas e campañas publicitarias de produtos propios do Real Club Deportivo da Coruña, SAD. En todo caso, o Real Club Deportivo da Coruña, SAD unicamente conservará os seus datos mentres non se solicite a súa supresión polo interesado e, en calquera caso, o mantemento dos prazos legalmente establecidos. Así mesmo, de conformidade coa normativa vixente, informámoslle de que conta coa posibilidade de solicitarlle ao responsable do tratamento o acceso, rectificación, ou supresión dos seus datos persoais, así como a limitación e oposición ao seu tratamento, e a portabilidad dos datos; que poderá realizar mediante correo común á seguinte dirección REAL CLUB DEPORTIVO DA CORUÑA, SAD, A/A Departamento de protección de datos, Praza de Pontevedra, 19, 1º, 15003, A Coruña, ou ben por correo electrónico á seguinte dirección: legal@rcdeportivo.es. O Real Club Deportivo da Coruña, SAD para facilitarlle o exercicio destes dereitos, pon á súa disposición, na súa Oficina de Atención ao Deportivismo e na páxina www.rcdeportivo.es, as instancias correspondentes que deberán enviar cubertas xunto cunha fotocopia do DNI que acredite a súa identidade. Por último, comunicámoslle que tamén conta coa posibilidade de presentar unha reclamación ante a autoridade de control estatal (a Axencia Española de Protección de Datos) no caso de que entenda que se vulneraron os seus dereitos en virtude dos disposto na lexislación vixente.