A clausura da III Liga Social Ciudad de A Coruña · RC Deportivo, mañá na Torre
A Cidade Deportiva da Torre acolle mañá, venres 21 de xullo, a xornada de clausura do III Liga Social Ciudad de A Coruña · RC Deportivo, que desde esta temporada conta co apoio da entidade branquiazul.
Á conclusión do Maratón de fútbol 7 co que se clausurará o evento, os xogadores do primeiro cadro Fernando Navarro e Alejandro Arribas e as futbolistas do Deportivo ABANCA Tere Abelleira e María Corral entregarán os trofeos a todos os participantes.
Todas as entidades que participaron na III Liga Social Ciudad de A Coruña · RC Deportivo recibirán un trofeo e un obsequio por parte do Club, sen ter en conta a clasificación obtida ao final da liga.
A programación da xornada de clausura é a seguinte:
16:00 horas: Chegada das entidades participantes 16:30 horas: Maratón de fútbol 7 entre os equipos participantes 17:45 horas: Entrega de trofeos 18:15 horas: Merenda e confraternización nos xardíns da Torre de Hércules 19:15 horas: Finalización do evento
Os equipos participantes no Maratón de fútbol 7, oito dos dez que disputaron a III Liga Social Ciudad de A Coruña · RC Deportivo, son os seguintes:
-Ápem (Asociación pro enfermos mentais da Coruña) -Accem (Asociación Comisión Católica Española de Migración) -Fundación Secretariado gitano -CASCO (Comité Antisida da Coruña) -Fundación Adcor (entidade dedicada ao traballo con persoas con discapacidade intelectual) -Aspronaga (entidade dedicada ao traballo con persoas con discapacidade intelectual) -Cáritas Española -Padre Rubinos