RCD / NOVAS

Carles Gil recibe a alta hospitalaria e viaxou esta tarde de regreso á Coruña

12/09/2017 20:36

Carles Gil recibiu esta tarde a alta hospitalaria no Hospital CUF de Porto (Portugal), onde onte á noite foi operado da pubalxia que o mantivo sen poder render de maneira óptima nos últimos meses e que foi rebelde ao tratamento conservador realizado.

O atacante deportivista, que recibiu o apoio do cadro tanto en privado como publicamente, caso de Juanfran esta mesma mañá en rolda de prensa, viaxou de regreso por estrada á Coruña para iniciar un programa específico de fisioterapia e readaptación progresiva, necesario para a súa completa reincorporación ao fútbol de alta esixencia.

Máis novas de: CARLES GIL

RCD / Noticias Relacionadas