RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
ACTUALIDADE

Clausurada a III Liga Social Ciudad de A Coruña · RC Deportivo

A Cidade Deportiva da Torre acolleu este venres 21 de xullo a xornada de clausura do III Liga Social Ciudad de A Coruña · RC Deportivo, que desde esta temporada conta co apoio da entidade branquiazul.

A competición arrancou o pasado mes de novembro, apadriñada por Manuel Pablo e as xogadoras do Deportivo ABANCA Tere Abelleira e Tamy, e chegou á súa conclusión o pasado 26 de xuño.

Á conclusión do Maratón de fútbol 7 co que se clausurou o evento, os xogadores do primeiro cadro Pedro Mosquera e Alejandro Arribas e as futbolistas do Deportivo ABANCA Tere Abelleira e María Corral entregaron os trofeos a todos os participantes.

Todas as entidades que participaron no III Liga Social Ciudad de A Coruña · RC Deportivo recibiron un trofeo e un obsequio por parte do Club, sen ter en conta a clasificación obtida ao final da liga.

Os oito equipos participantes (dos dez que disputaron a liga) no Maratón de fútbol 7, que despois gozaron dunha merenda nos xardíns da Torre de Hércules, foron os seguintes:

-Ápem (Asociación pro enfermos mentais da Coruña)
-Accem (Asociación Comisión Católica Española de Migración)
-Fundación Secretariado gitano
-CASCO (Comité Antisida da Coruña)
-Fundación Adcor (entidade dedicada ao traballo con persoas con discapacidade intelectual)
-Aspronaga (entidade dedicada ao traballo con persoas con discapacidade intelectual)
-Cáritas Española
-Padre Rubinos