RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

DéporTienda bate as súas marcas históricas de facturación

A falta dunha semana para o peche da Temporada 2016/2017, as tendas oficiais do Real Club Deportivo, DéporTiendas, rompen todos os seus rexistros de facturación e achéganse aos 2 millóns de euros. O dato máis destacado é que a DéporTienda de Riazor superou hoxe, e por primeira vez na súa historia, o millón de euros de facturación. Esta cifra, que aumentará ata o próximo 30 de xuño, supera os 980.000 euros que marcaban o fito histórico da Temporada 2011/2012 (o actual consello só dispón de datos desde a Temporada 2009/2010).

A esta cifra hai que sumar os datos de facturación dos dous puntos de venda que se puxeron en funcionamento no tres últimos anos: a DéporTienda de Marineda City (aberta no verán de 2014) e da Déportienda en liña: www.deportienda.gal (operativa desde xuño de 2016). Coas 3 canles de venda, a facturación nesta Temporada 2016/2017 das DéporTiendas sitúase nestes momentos nos 1,9 millóns de euros.