RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

Entradas á venda para o Fabril-Cacereño, con acceso libre para socios e entradas de promoción

Desde o luns 22 de maio están á a venda na Oficina de Atención ao Deportivista as entradas para o Fabril-Cacereño do domingo 28 ás 12:00 horas en Riazor. Para o partido de volta da eliminatoria de campións da fase de ascenso a Segunda B poñense á venda entradas a prezo único de 10 euros para o público. Os 26.505 socios do Real Club Deportivo poden acceder #ánosacasa simplemente mostrando na porta o seu carné da Temporada 2016-2017. Tamén son válidas as entradas de público do Dépor-UD As Palmas da última xornada de LaLiga. Ademais, tanto socios como accionistas poden aproveitar a súa condición para comprar entradas para este partido a 5 euros.

No Fabril-Cacereño non haberá reserva de asentos para socios xa que, inicialmente, só se abrirá o anel inferior do Estadio (Tribuna Inferior, Preferencia Inferior, Marathón Inferior e Pavillón Inferior) co obxectivo de que #anosaforza arroupe o máis posible aos fabrilistas nun encontro que pode supoñer o ascenso directo á Segunda B. Tras o 0-0 do partido de ida, unha vitoria dos de Cristóbal Parralo suporía o salto automático de categoría.

En cada unha das bancadas abriranse dúas portas para o acceso dos seguidores ao campo deportivista.

As entradas de público e para os accionistas e socios están á venda no horario habitual da Oficina de Atención ao Deportivista, de luns a venres de 10:00 a 13:30 e de 16:30 a 19:00 horas. O domingo 28, día do partido, desde as 10:00 e ata as 12:00 nos despachos de billetes do Pazo dos Deportes de Riazor.