RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
ACTUALIDADE

Máis de 200 deportivistas animarán hoxe ao equipo en Butarque

A mediados desta semana esgotáronse todas as entradas que o Leganés puxo a disposición do Deportivo para que #anosaforza poida estar hoxe presente en Butarque. Máis de 200 afeccionados do Dépor animarán ao equipo desde as 18:30 nas bancadas do estadio madrileño. Moitos deles, ademais, forman parte dalgunha da vintena de peñaas que estarán representadas no estadio pepinero.

As agrupacións presentes neste partido son: O Roxo, A Gaiteira, Verdillo, Míticos de Riazor, Chamberí Branquiazul, Centenariazo, Verín, Al sur de Riazor, Burela, Zalozain, Miau miau, Yacky, A Costa, Rubia galega, Torcida Riazor, O Previo, Cheka, Manuel Pablo, Rouba risóns e Perla de Arousa.