O Infantil A compite en Arnedo (A Rioxa) e o Infantil B en Francia
O Infantil A do Deportivo, que arrancou a Liga Galega o pasado martes con triunfo claro (7-0) sobre o Imperátor, desprázase á localidade rioxana de Arnedo para disputar o Torneo Arnedo Ciudad del Calzado.
Pola súa banda, o Infantil B do Dépor, que suma dous triunfos nos dous partidos disputados de liga na Primeira División Autonómica, viaxa a Francia, á cidade de Redon, para competir na Rothon Cup 2017.
O calendario de partidos do Infantil A en Arnedo, na Primeira Fase, é o seguinte:
Venres 8 de setembro 17:00: VILLARREAL - INFANTIL A 18:20: INFANTIL A - UNIÓ JABAC I TERRASSA
Os dous primeiros clasificados do grupo pasan a cuartos de final; mentres que o terceiro xogará unha Fase de Consolación.
Pola súa banda, o Infantil B, en Francia, ten este calendario de partidos na Primeira Fase:
Sábado 9 de setembro 10:40: INFANTIL B - GUINGAMP 12:20: STADE LAVALLOIS - INFANTIL B 14:20: ESTAC TROYES - INFANTIL B 16:00: INFANTIL B - VANNES 18:00: INFANTIL B - OGC NICE
Domingo 10 de setembro 10:20: INFANTIL B - RC STRASBOURG 12:00: FC LORIENT - INFANTIL B
Os dous primeiros clasificados acceden ás semifinais, que se xogan xa a continuación.