RCD / NOVAS

Os prezos conxelados e o regreso de Especial Nen@s protagonizan a campaña de abonos 2017-2018

04/07/2017 22:50

DESCARGA AQUÍ O DOSSIER COA INFORMACIÓN DA CAMPAÑA 2017-2018

A conxelación dos prezos e a recuperación da bancada de Especial Nen@s son os grandes protagonistas da campaña de abonos 2017-2018, que se pon en marcha este mércores 5 de xullo.

A partir das 10:00 horas, os afeccionados poderán acudir á Oficina de Atención ao Deportivista (OAD) para tramitar o seu abono. Se desexan facelo en liña, para renovacións e altas (isto último só para Socio Amigo ou Nen@ Dépor) poderán realizalo desde esa mesma hora na páxina abonos.rcdeportivo.es.

Por segunda temporada consecutiva, os prezos dos abonos mantéñense para renovacións e accionistas, despois da baixada do curso pasado con respecto ao exercicio 2015-2016. Deste xeito, facerse socio do RC Deportivo, a día de hoxe, custa practicamente o mesmo que na campaña 2014-2015.

O mesmo ocorre con todos os carnés bonificados (Maiores de 65, Diversidade Funcional, Desempregado, Sub 25, ADN Branquiazul, Bancada Familiar, Bancada Penas Deportivistas, Bancada Estudantes e Bancada Especial Nen@s), que conservan as súas respectivas porcentaxes de desconto con respecto ao prezo base de cada bancada e mantéñense igual que no exercicio 2016-2017.

Os prezos manteranse durante algo máis dun mes, pois a todos eles aplicaráselles un incremento do 10 por cento a partir do 14 de agosto, como vén sucedendo nas últimas campañas. Os asentos mantéñense ata o 5 de agosto inclusive e o 7 de agosto libéranse as localidades daqueles socios que non renoven o seu abono.

A gran novidade desta campaña é a recuperación de Especial Nen@s, unha bancada histórica na que comezaron a respirar deportivismo varias xeracións de afeccionados, pois existiu durante máis de medio século, desde 1944 ata 1995. Agora, 22 anos despois, o Estadio ABANCA-RIAZOR terá situada a súa bancada de Especial Nen@s en parte da zona visitante, na esquina entre Pavillón Superior e Preferencia Superior. A idade máxima para abonarse a esta modalidade é de 15 anos.

A Bancada Familiar é outra das novidades cara ao novo curso, pois se amplía ás catro esquinas do campo. Deste xeito, as familias poderán abonarse a Tribuna Inferior Lateral Par e Impar ou Preferencia Superior Córner Par e Impar.

O abono 2017-2018 permite ao socio acudir a todos os partidos de LaLiga Santander e da Copa do Rei da devandita temporada, ademais do Trofeo Teresa Herrera e de calquera partido que disputen o Fabril, os equipos femininos e as categorías inferiores no Estadio ABANCA-RIAZOR, na Cidade Deportiva de Abegondo e Ponte dos Brozos (Arteixo).

Coa intención de minimizar os tempos de espera, o RC Deportivo puxo a disposición dos afeccionados por segunda campaña consecutiva o servizo de cita previa. A través da páxina citaprevia.rcdeportivo.es os afeccionados poderán asegurarse unha hora de atención para retirar o seu abono, unha cita que prevalecerá sobre aqueles que non a soliciten.

O horario dos despachos de billetes da OAD é o seguinte:

Entre o 5 de xullo e o 4 de agosto: de luns a venres de 10:00 a 14:00 e de 16:00 a 20:00 horas. Sábados de 10:30 a 13:30 horas.

Entre o 7 de agosto e o 11 de agosto: o horario será ininterrompido de 10:00 a 20:00 horas.

Entre o 14 de agosto e o 25 de agosto: de luns a venres de 10:00 a 14:.00 e de 16:00 a 20:00 horas. Sábados de 10:30 a 13:30 horas.

Resto da temporada: de 10:00 a 13:30 e de 16:30 a 19:00 horas.

Igualmente existen as opcións de abonarse en liña (abonos.rcdeportivo.es) e por teléfono, mediante o servizo de ABANCA (902 434 443).

Tamén ABANCA Consumer Finance ofrece aos socios do RC Deportivo financiamento para a adquisición dos seus abonos. A oferta da entidade galega permite financiar a compra dos abonos a 3, 6, 9 ou 12 meses, sen intereses e unicamente con comisións de apertura do 1%, 1,75%, 2,50% ou 3,25% respectivamente. O importe mínimo a financiar é de 150 euros, mentres que a cota mensual mínima é de 20 euros. Para informar e atender aos socios no financiamento dos seus abonos, ABANCA disporá dun punto de venda nas oficinas do Estadio ABANCA-RIAZOR. Ademais, a información da oferta de financiamento de ABANCA Consumer Finance estará accesible tamén na web do Club. Para realizar a operación será necesario presentar o DNI e xustificante da conta bancaria para financiamentos de importes inferiores a 1.500 euros. A partir desa cantidade, os socios necesitarán presentar ademais xustificante de ingresos.

Para calquera dúbida ou problema, os afeccionados branquiazuis poden porse en contacto coa OAD en atencion.deportivista@rcdeportivo.es ou no teléfono 981 259 500 extensión 1.

Impreso de solicitude de alta de socio

Impreso de actualización de datos de abonado

Impreso de baixa de abonado

Impreso de domiciliación bancaria

Impreso de renuncia de renovación de abonado

Impreso de solicitude de abonado ADN Branquiazul

Impreso de solicitude de socio de Bancada Familiar

Impreso de solicitude de socio de Bancada Especial Nen@s