RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
#ASNOSAS

ABANCA, patrocinador principal de #AsNosas, preparou un recibimento especial ao equipo tralo desexado ascenso

O Deportivo ABANCA clausurou esta mañá a súa rolda de visitas após conseguir o ansiado ascenso á Liga F, co recibimento por parte do seu patrocinador principal, ABANCA, na súa sede de Rúa Nova na Coruña.

O presidente do RC Deportivo, Álvaro García Diéguez, encabezou a comitiva branquiazul, acompañado polos conselleiros Carlos Ballesta e Vicente Fernández. O presidente de ABANCA, Juan Carlos Escotet, e o conselleiro delegado, Francisco Botas, recibiron á delegación deportivista.

Os chanzos da escaleira interior da sede de ABANCA recibiron ás xogadoras e corpo técnico co nome de cada unha delas en cada banzo. Dentro esperaba outra sorpresa: un futbolín con xogadoras en lugar de xogadores, que representaban ás futbolistas do Dépor. 

Juan Carlos Escotet trasladou o seu absoluto respaldo e compromiso co proxecto do Dépor ABANCA e felicitou a xogadoras e corpo técnico polo seu ascenso.

Pola súa banda, Irene Ferreras, adestradora do Dépor ABANCA, dixo que para elas "levar ABANCA na camiseta é un símbolo de seguridade e de compromiso" e deu as grazas ao patrocinador por facerlles "sentir futbolistas profesionais".

Cris Martínez, capitá deportivista, asegurou que após moitos anos no Dépor viu "a evolución e todo o que se mellorou" no equipo feminino. "Para min, ABANCA xa é como a miña casa", sinalou, antes de desexar "seguir dándolle moitas alegrías" á afección.