RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
#ANOSACANTEIRA

Antía Veiga foi titular no triunfo da selección española sub-15 ante Polonia no último partido do torneo de Portugal

-Foto:@rfef.es

 

Antía Veiga estivo concentrada coa selección española sub-15 con motivo dun torneo amigable nas localidades portuguesas de Castelo Branco e Serta que se prolongou até hoxe domingo 5 de maio.

O segundo e último encontro para a gardameta orzanista saldouse con triunfo español (1-2) ante Polonia no Campo de Jogos Dr. Marqués dos Santos, na localidade de Serta; resultado que a converteu en campioa do torneo.

A gardameta orzanista foi titular e foi relevada no tramo inicial da segunda metade por Clara Raspall.

Na primeira xornada desta competición, o pasado mércores en Castelo Branco, o combinado nacional tamén se impuxo (2-7) a Portugal nun partido que Antía Veiga seguiu desde o banco.

Os resultados da selección española sub-15 no torneo foron os seguintes:

Mércores 1 de maio
PORTUGAL 2 - ESPAÑA 7

Sábado 4 de maio
POLONIA 1 - ESPAÑA 2

A canteirá branquiazul regresou á Coruña ao longo de hoxe domingo 5 de maio.

Antía Veiga é unha dos membros de #ANOSACANTEIRA que están no radar das categorías inferiores das diferentes seleccións nacionais como tamén Elena Vázquez, Lucía Rivas, Claudia Sande, Kevin Sánchez, José Rey ou Pablo García con España; Dunia Dahmouni e Amin Moustapha con Marrocos; ou Álex Delgado e Michi Apóstol con Venezuela.