RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
#ANOSACANTEIRA

Antía Veiga mídese mañá a Polonia na última xornada do torneo de Portugal para a selección española sub-15

Antía Veiga está concentrada coa selección española sub-15 con motivo dun torneo amigable nas localidades portuguesas de Castelo Branco e Serta que se prolongará até o domingo 5 de maio.

O segundo e último encontro para a gardameta orzanista está previsto para mañá sábado 4 de maio a las 18:00 (hora galega, 17:00 hora local) ante Polonia no Campo de Jogos Dr. Marqués dos Santos, na localidade de Serta; e poderase ver en directo en RFEF.es e nas redes sociais da SEFutbolFem.

Na primeira xornada desta competición, o pasado mércores en Castelo Branco, o combinado nacional impúxose (2-7) a Portugal nun partido que Antía Veiga seguiu desde o banco.

O calendario da selección española sub-15, cos resultados dos partidos xa xogados, é o seguinte:

Mércores 1 de maio
PORTUGAL 2 - ESPAÑA 7

Sábado 4 de maio
17:00 (hora local, 18:00 en Galicia): POLONIA - ESPAÑA, no Campo de Jogos Dr. Marqués dos Santos, en Serta

A canteirá branquiazul regresará á Coruña ao longo do domingo 5 de maio.

Antía Veiga é unha dos membros de #ANOSACANTEIRA que están no radar das categorías inferiores das diferentes seleccións nacionais como tamén Elena Vázquez, Lucía Rivas, Claudia Sande, Kevin Sánchez, José Rey ou Pablo García con España; Dunia Dahmouni e Amin Moustapha con Marrocos; ou Álex Delgado e Michi Apóstol con Venezuela.