RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
#ANOSACANTEIRA

Apaixonante xornada en ANOSACANTEIRA, coa salvación do Fabril en xogo e a posibilidade de título para Xuvenil A, Xuvenil B e Cadete

Varios equipos de #ANOSACANTEIRA xóganse os seus obxectivos esta fin de semana, co Fabril e Xuvenil A na cabeza.

Mañá sábado 4 de maio o conxunto de Manuel Pablo aspira a quedar campión da División de Honra xuvenil. Segundo na táboa con 66 puntos, visita ás 17:30 ao ED Val Miñor Nigrán. Á mesma hora, o Real Racing Club, líder con 67, enfróntase en Santiago á SD Compostela.

As contas son sinxelas: os branquiazuis teñen que gañar e que os racinguistas non gañen en Santa Isabel.

En rolda de prensa o pasado martes, Manuel Pablo asegurou que o choque "só se afronta pensando no noso partido porque soamente nos vale gañar". 

Tamén mañá sábado ás 12:00 o Cadete será campión da División de Honra se gaña no campo Lino Balado de Sigüeiro ao ED Xuventude de Oroso.

Con 15 puntos en xogo, o equipo que prepara Daniel González avantaxa en 13 puntos ao 2º clasificado, o RC Celta: 85 puntos os deportivistas por 72 os célticos.

Ademais en casa o Orzán SD Infantil A Femenino recibe ao Club Rosalía Mera (16:00, San Pedro de Visma); o Orzán SD Infantil B Femenino ao Atlético Arteixo (12:00, campo Víctor Fernández Alonso); o Infantil, en loita polo título da División de Honra, ao Ural Español CF (11:00, Abegondo); e o San Tirso SD Infantil ao Arosa SC (12:00, O Monte).

E como visitante o Orzán SD Cadete Femenino, xa campión do grupo 1º da Liga Galega, mídese ao Dumbría CF (12:00); e o Fabril FC Benxamín ao Atlético Coruña Montañeros CF (9:30, La Torre).

O domingo 5 de maio a atención está centrada no partido do Fabril en O Requexón (12:00, Youtube Real Oviedo) ante o Real Oviedo Vetusta.

Os fabrilistas buscarán o punto que lles fai falta para selar a súa permanencia en Segunda Federación sen depender doutros resultados.

O outro filial, o Dépor ABANCA B, visita ao UD Mos (13:00 nas Baloutas). A falta de 2 xornadas para concluír a Tercera Federación FutFem para ser campioas as branquiazuis, segundas na táboa, necesitan gañar os 2 partidos e que o líder, o Real Avilés CF, perda os seus.

En Abegondo, o Xuvenil B logrará un novo título da Liga Nacional se derrota ao Atlético Coruña Montañeros CF, ás 11:00. A falta de 3 xornadas, o equipo de Miguel Figueira ten 6 puntos de vantaxe e o golaverage particular sobre o RC Celta B, segundo.

Así mesmo, o Alevín ten que gañar ao Victoria CF (10:00 en Abegondo) para proclamarse campión do grupo norte do Trofeo Conservas Calvo de fútbol 11 sen depender do resultado do CD Lugo, que chega a esta xornada empatado a puntos cos branquiazuis pero por detrás na táboa por peor golaverage xeral.

En casa, o Orzán SD Xuvenil Femenino, en loita polo título da Primera Autonómica co Bergantiños CF, recibe ao PM Friol B (18:30 na Torre); e en Lugo (16:00) o Orzán SD B sub-16 Femenino de Segunda Autonómica enfróntase ao SCD Milagrosa.

Xa o luns 6 os dous equipos alevíns ven as caras en Abegondo (19:15) na Fase polo Título da Primera A Coruña de futbol 8; e o mércores 8 o Benxamín A, esta fin de semana na Tres Cantos Cup, enfróntase ao Victoria CF ás 19:00 na Cidade Deportiva.

O calendario de partidos é o seguinte:

Categoría feminina
29ª xornada: UD MOS - DEPORTIVO ABANCA B, o domingo 5 de maio ás 13:00 nas Baloutas (Mos)
Clasificación da Tercera Federación FutFem: 1. Real Avilés CF, 72 puntos; 2. Deportivo ABANCA B, 66 puntos; 3. Olímpico de León, 54 puntos... 5. UD Mos, 47 puntos...

28ª xornada: ORZÁN SD XUVENIL FEMENINO - PM FRIOL B, o domingo 5 de maio ás 18:30 na Torre (campo 1)
Clasificación da Primera Autonómica: 1. Bergantiños CF e Orzán SD Xuvenil Femenino, 62 puntos; 3. SD O Val e Lóstrego CF B, 51 puntos... 14. PM Friol B, 23 puntos...

28ª xornada: SCD MILAGROSA - ORZÁN SD B SUB-16 FEMENINO, o domingo 5 de maio ás 16:00 no campo Luis Gorgoso (Lugo)
Clasificación da Segunda Autonómica, subgrupo 1º: ... 6. Xallas FC, 45 puntos; 7. Sporting Meicende, 43 puntos; 8. SD Antas, 41 puntos; 9. Orzán SD B sub-16 Femenino, 40 puntos; 10. Brexo Lema SD, 39 puntos; 11. UC Cee, 38 puntos... 16. SCD Milagrosa, 3 puntos

28ª xornada: DUMBRÍA CF - ORZÁN SD CADETE FEMENINO, mañá sábado 4 de maio ás 12:00 no Municipal de O Conco (Dumbría)
Clasificación da Liga Galega, subgrupo 1º: 1. Orzán SD Cadete Femenino (xa campión), 78 puntos; 2. Victoria CF, 72 puntos... 11. Dumbría CF, 21 puntos...

28ª xornada: ORZÁN SD INFANTIL A FEMENINO - CLUB ROSALÍA MERA, mañá sábado 4 de maio ás 16:00 en San Pedro de Visma (campo 1)
28ª xornada: ORZÁN SD INFANTIL B FEMENINO - ATLÉTICO ARTEIXO, mañá sábado 4 de maio ás 12:00 no campo Víctor Fernández Alonso (antiga Leyma)
Clasificación da Liga Galega, subgrupo 1º: 1. Victoria CF, 73 puntos; 2. Orzán SD Infantil A Femenino, 71 puntos; 3. Racing de Ferrol, 64 puntos... 8. Atlético Arteixo, 34 puntos... 11. Arzúa FCF, 24 puntos; 12. Orzán SD Infantil B Femenino, 18 puntos; 13. AD Cristo Rey, 17 puntos; 14. Club Rosalía Mera, 3 puntos...

Segunda Federación
34ª xornada: REAL OVIEDO VETUSTA - FABRIL, o domingo 5 de maio ás 12:00 no Requexón (campo 1)
Clasificación: ... 8. Real Valladolid Promesas, 44 puntos; 9. Coruxo FC, 42 puntos; 10. Fabril e Real Avilés Industrial, 41 puntos; 12. RS Gimnástica de Torrelavega, 40 puntos; 13. Marino de Luanco, 39 puntos; 14. Racing Villalbés, 37 puntos... 16. Real Oviedo Vetusta, 30 puntos...

Categoría xuvenil
30ª xornada (última): ED VAL MIÑOR NIGRÁN - XUVENIL A, mañá sábado 4 de maio ás 17:30 en Condomínguez (Nigrán)
Clasificación da División de Honra: 1. Real Racing Club, 67 puntos; 2. Xuvenil A, 66 puntos; 3. RC Celta, 64 puntos; 4. Real Oviedo, 54 puntos... 8. ED Val Miñor Nigrán, 40 puntos...

32ª xornada: XUVENIL B - ATLÉTICO CORUÑA MONTAÑEIROS CF, o domingo 5 de maio ás 11:00 en Abegondo
Clasificación da Liga Nacional: 1. Xuvenil B, 81 puntos; 2. RC Celta B, 75 puntos; 3. Atlético Coruña Montañeros CF, 64 puntos...

Categoría cadete
30ª xornada: ED XUVENTUDE DE OROSO - CADETE, mañá sábado 4 de maio ás 12:00 no campo Lino Balado (Sigüeiro, Oroso)
30ª xornada: SAN TIRSO SD CADETE - CD CONXO SANTIAGO, o mércores 8 de maio ás 17:45 no Monte (San Tirso)
Clasificación da División de Honra: 1. Cadete, 85 puntos; 2. RC Celta, 72 puntos... 6. Salgueiriños CF, 41 puntos; 7. Ural Español CF, CD Lugo e San Tirso SD Cadete, 40 puntos; 10. ED Xuventude de Oroso, 39 puntos; 11. Rápido de Bouzas, 36 puntos...

Categoría infantil
27ª xornada: INFANTIL - URAL ESPAÑOL CF, mañá sábado 4 de maio ás 11:00 en Abegondo
27ª xornada: SAN TIRSO SD INFANTIL - AROSA SC, mañá sábado 4 de maio ás 12:00 no Monte (San Tirso)
Clasificación da División de Honra: 1. Infantil, 73 puntos; 2. RC Celta, 68 puntos... 4. Arosa SC, 43 puntos... 9. AJ Lérez, 34 puntos; 10. UD Santa Mariña e CD Conxo Santiago, 31 puntos; 12. San Tirso SD Infantil, 29 puntos; 13. CD Lugo, 25 puntos...

Categoría alevín
11ª xornada (última): ALEVÍN - VICTORIA CF, o domingo 5 de maio ás 10:00 en Abegondo
Clasificación do Trofeo Conservas Calvo de fútbol 11, subgrupo norte: 1. Alevín e CD Lugo, 28 puntos; 3. CD Calasanz, 24 puntos... 6. Victoria CF, 13 puntos...

8ª xornada: FABRIL FC ALEVÍN - ALEVÍN A, o luns 6 de maio ás 19:15 en Abegondo
Clasificación da Fase polo Título de Primera A Coruña de fútbol 8: 1. Sada CF, 18 puntos; 2. Alevín A (un partido menos), 15 puntos; 3. Fabril FC Alevín, 10 puntos...

Categoría benxamín
8ª xornada: VICTORIA CF - BENXAMÍN A, o mércores 8 de maio ás 19:00 en Abegondo
8ª xornada: ATLÉTICO CORUÑA MONTAÑEROS CF - FABRIL FC BENXAMÍN, mañá sábado ás 9:30 na Torre (campo 1.1)
Clasificación da Fase polo Título da Primera A Coruña de fútbol 8: 1. Benxamín A, 19 puntos; 2. Victoria CF, 18 puntos; 3. Fabril FC Benxamín, 11 puntos; 4. ED Luis Calvo Sanz, 7 puntos; 5. Atlético Coruña Montañeros CF, 6 puntos...