RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
#ANOSACANTEIRA

David Mella e Kevin Sánchez logran coa selección española sub-19 o seu pase á Fase Final do Campionato de Europa

-Foto:@rfef.es

 

David Mella e Kevin Sánchez proclamáronse campións coa selección española sub-19 do Mini Torneo Fase Elite que tivo lugar até hoxe martes en Eslovenia.

O combinado nacional impúxose a Austria (1-2) na 3ª e última xornada; e desta forma certificou a súa clasificación para o Campionato de Europa da categoría.

Esta mañá ante os austriacos na localidade de Gornja Radgona, David Mella, do mesmo xeito que nos dous partidos anteriores, saíu no once inicial. Hoxe foi relevado precisamente por Kevin no desconto do partido.

Ademais, Mella dispuxo dunha boa oportunidade que salvou a meta de Austria Kenan.

A segunda cita para ambos os canteiráns branquiazuis foi o pasado sábado 23 ante Kósovo en Gornja Radgona.

Os dous foron titulares nun importante triunfo (2-1) que achegaba xa a España á Fase Final do Europeo.

Mella foi substituído no minuto 77 por Cristian Perea; e Kevin, no 65 por Assane Diao.

O primeiro rival desta competición o mércores 20 de marzo foi a anfitrioa Eslovenia nun partido que acabou en igualada (1-1).

Mella, que gozou dalgunha das mellores oportunidades do combinado nacional, xogou completo o partido mentres que Kevin Sánchez saltou ao céspede no minuto 72 en substitución do barcelonista Marc Guiu.

Os resultados da selección española sub-19 en Eslovenia foron os seguintes:

Mércores 20 de marzo
ESPAÑA 1 - ESLOVENIA 1

Sábado 23 de marzo
ESPAÑA 2 - KÓSOVO 1

Martes 26 de marzo
AUSTRIA 1 - ESPAÑA 2

Ambos os xogadores regresarán á Coruña ao longo de mañá mércores 27 de marzo.