Lucía Rivas e a selección española sub-17 poñen mañá venres rumbo ao Europeo sub-17
Lucía Rivas está concentrada desde o pasado luns coa selección española sub-17 na Ciudad del Fútbol de Las Rozas (Madrid) para preparar a Fase Final do Campionato de Europa da categoría que se xogará en Suecia.
Durante esta fase de preparación o equipo nacional disputou un partido amigable ante o Madrid CFF B, resolto con vitoria (5-1) da selección, cun dos goles da canteirá branquiazul.
Lucía Rivas e as súas compañeiras viaxarán mañá venres 3 de maio á primeira hora da tarde, vía Copenhague, á localidade sueca de Lund, cuartel xeral durante o torneo.
Xa en Suecia, os rivais das españolas na Primera Fase serán Polonia, Bélxica e Portugal, con este calendario:
Luns 6 de maio 18:30: ESPAÑA - PORTUGAL no Malmö IP en Malmö
Xoves 9 de maio 15:30: ESPAÑA - POLONIA, no Klostergardens IP en Lund
Domingo 12 de maio 15:30: BÉLXICA - ESPAÑA, no Klostergardens IP en Lund
Os dous primeiros de grupo pasan a semifinais, que se xogarán o mércores 15 de maio.
Lucia Rivas é unha dos membros de #ANOSACANTEIRA que están no radar das categorías inferiores das diferentes seleccións nacionais como tamén Elena Vázquez, Antía Veiga, Claudia Sande, Kevin Sánchez, José Rey ou Pablo García con España; Dunia Dahmouni e Amin Moustapha con Marrocos; ou Álex Delgado e Michi Apóstol con Venezuela.