RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
#ANOSACANTEIRA

Lucía Rivas participa na vitoria de España ante Portugal no inicio do Europeo sub-17

-Foto:@rfef.es

 

Lucía Rivas (na foto, na fila do medio a primeira futbolista empezando pola esquerda) está concentrada en Suecia coa selección española sub-17 con motivo da Fase Final do Campionato de Europa.

Esta tarde en Malmö arrincou o torneo para o combinado nacional con Portugal como primeiro rival.

Ambos os equipos víronse as caras en 4 ocasións e nas 4 gañou España; a última delas na pasada Rolda 1 de clasificación: 4-0.

Hoxe, despois dun traballado partido, volveron gañar as españolas (3-0) nun partido no que Lucía Rivas saltou ao céspede no minuto 82 en substitución de Ainoa Gómez.

A próxima cita para a selección sub-17 será o xoves 9 de maio ante Polonia no Klostergardens IP de Lund.

O calendario de partidos, cos resultados dos xa xogados, é o seguinte:

Luns 6 de maio
ESPAÑA 3 - PORTUGAL 0

Xoves 9 de maio
15:30: ESPAÑA - POLONIA, no Klostergardens IP en Lund

Domingo 12 de maio
15:30: BÉLXICA - ESPAÑA, no Klostergardens IP en Lund

Os dous primeiros de grupo pasan a semifinais, que se xogarán o mércores 15 de maio.

Lucia Rivas é unha dos membros de #ANOSACANTEIRA que están no radar das categorías inferiores das diferentes seleccións nacionais como tamén Elena Vázquez, Antía Veiga, Claudia Sande, Kevin Sánchez, José Rey ou Pablo García con España; Dunia Dahmouni e Amin Moustapha con Marrocos; ou Álex Delgado e Michi Apóstol con Venezuela.