RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
#ANOSACANTEIRA

Manuel Pablo, o domingo ante o Sevilla FC: Espero que ANOSAFORZA vainos a dar enerxía e que nós nos aproveitemos desa enerxía

Manuel Pablo espera en Abegondo este domingo 12 de maio ás 12:00 (Youtube RC Deportivo) ante o Sevilla FC, na ida de cuartos de final da Copa de Campións, "o que sempre tivemos en situacións destas, en Copa del Rey e cando houbo partidos importantes. Espero que #ANOSAFORZA vainos a dar enerxía e que nós nos aproveitemos desa enerxía, que a imos a ter seguro. Non creo nin que haxa que facer chamamento porque a xente, cando houbo este tipo de partidos, veu a apoiarnos e nós sentímonos con ese plus para poder dar todo".

Do rival, o Sevilla FC, advirte que é "bastante potente, que non perdeu ningún partido, con moi poucos goles en contra, 15, pero deses 5 goles foron as 3 últimas xornadas, cando se sabía que era primeiro".

Engade ademais que o andaluz é "un equipo moi forte, moi corpulento, moi físico, pero imos competir como sempre fixemos e ímolo a tentar".

Así pois, o preparador branquiazul pide "estar pendentes do seu fútbol vertical, desa corpulencia que teñen, desa presenza física, apertan forte arriba e nesas presións son xente que gaña duelos por ese físico. Temos que non equivocarnos neses inicios e tentar facer dano a un equipo que leva moi poucos goles en contra, pero teremos as nosas armas para poder competir de igual a igual".

Finalmente Manuel Pablo admite que esta temporada "tivemos esa reacción e cremos sempre en seguir competindo até o final, cando a diferenza era bastante grande. Nese proceso tivemos xogadores que viñan de longas lesións e os últimos partidos repetín moito o mesmo once porque tivemos tanta mala sorte con nocellos, clavícula, ombreiros... Tivemos lesións de mes e medio, dous meses... A xente que nos está axudando saíndo desde o banco dános esa enerxía. Se cadra non están todo o ben que terían que estar neste momento por ese período de lesións pero estamos a competir igual e esa xente que se cadra non está aínda de todo ben eses minutos si que son capaces de darnos enerxía. Aproveitámola ben e iso é o que imos tentar igualmente".