Michi Apóstol (na foto co número 7) estivo concentrada coa selección venezolana sub-20 no Campionato Suramericano que se disputou en Guayaquil (Ecuador).
A última cita para a deportivista e o seu combinado nacional foi na pasada madrugada ante Arxentina. En xogo estaba unha praza para o próximo Campionato do Mundo que se disputa en Colombia.
A 'Vinotinto' sumou un punto (2-2), acabou en 5ª posición da Fase Final e obtivo o pase para a cita mundialista por 2ª vez na historia após 2016.
Michi Apóstol xogou completos os 5 partidos da Fase Final e os 4 da Primeira Fase.
A atacante branquiazul anotou durante a competición un total de 4 goles e deu unha asistencia.
A internacional viaxa xa de regreso á Coruña para disputar a fin de semana co Deportivo ABANCA B o último partido de liga en Tercera Federación FutFem, en Abegondo ante o UD Llanera.
Os resultados das venezolanas no Campionato Suramericano foron os seguintes:
Primeira Fase Venres 12 de abril VENEZUELA 6 - BOLIVIA 0
Mércores 17 de abril COLOMBIA 4 - VENEZUELA 1
Venres 19 de abril VENEZUELA 1 - BRASIL 2
Sábado 20 de abril VENEZUELA 1 - CHILE 0
Fase Final Mércores 24 de abril PARAGUAI 2 - VENEZUELA 0
Venres 26 de abril COLOMBIA 3 - VENEZUELA 2
Luns 29 de abril PERÚ 1 - VENEZUELA 6
Venres 3 de maio VENEZUELA 0 - BRASIL 2
Luns 6 de maio VENEZUELA 2 - ARXENTINA 2
Michi Apóstol é un dos membros de #ANOSACANTEIRA que están no radar das categorías inferiores das diferentes seleccións nacionais como tamén Elena Vázquez, Lucía Rivas, Antía Veiga, Claudia Sande, Kevin Sánchez, José Rey ou Pablo García con España; Dunia Dahmouni e Amin Moustapha con Marrocos; ou Álex Delgado tamén con Venezuela.