RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
#ANOSACANTEIRA

O Alevín A abre mañá venres en Abegondo unha fin de semana en ANOSACANTEIRA coa atención no Xuvenil A

O partido do Alevín A (en foto de arquivo) ante o San Tirso SD da Fase polo Título da Primera A Coruña de fútbol 8, mañá venres ás 19:00 en Abegondo abre o calendario de partidos desta fin de semana en #ANOSACANTEIRA.

Os branquiazuis non poden fallar para tentar arrebatarlle ao Sada CF a primeira posición do grupo.

Coa permanencia do Fabril xa confirmada en Segunda Federación e coa despedida ligueira do Dépor ABANCA B, subcampión da Tercera Federación FutFem, sen Lucía Rivas pero xa con Michi Apóstol tras o seu paso polo Campionato Suramericano sub-20 con Venezuela, o domingo ás 12:00 en Abegondo ante o pechacancelas UD Llanera; a atención da fin de semana está centrada no partido de ida dos cuartos de final da Copa de Campións entre o Xuvenil A e o Sevilla FC, tamén o domingo ás 12:00 (Youtube RC Deportivo) no campo principal de Abegondo.

Os pupilos de Manuel Pablo proclamáronse campións do grupo 1º da División de Honra e os sevillistas, campións do grupo 4º con 8 puntos de vantaxe sobre o 2º clasificado, o Real Betis Balompié.

O Club mantén activo o protocolo de apertura con rexistro de asistentes da Cidade Deportiva.

Poden retirar entradas dispoñibles, ata esgotar as localidades e sen ningún custo adicional, todos os socios e socias do RC Deportivo que o tramiten formalmente a través da web bancada.rcdeportivo.es, na que deberán introducir a súa ID de socio e os 4 últimos números do DNI. A continuación, seleccionar un asento e posteriormente completar os seus datos de contacto e a dirección de correo electrónico onde recibir a entrada.

Con eses mesmos datos doutras persoas socias, unha única pode retirar máis dunha entrada nunha soa xestión e, deste xeito, seleccionar asentos contiguos ou próximos.

Este procedemento ten dous fins: poder solicitar e recibir a entrada e, ademais, levar un control de repartición e localización na instalación.

O RC Deportivo solicita que unicamente tramiten a entrada aqueles socios e socias que vaian poder acudir, para evitar que queden afeccionados sen poder asistir unha vez completado a repartición da bancada nun proceso 100 % telemático.

Tamén se habilitará desde o venres o sistema de entradas para o público en xeral (nesta ocasión tamén gratuítas), a través da mesma plataforma en bancada.rcdeportivo.es e seguindo o preceptivo sistema de rexistro.

Antes da xornada dominical, o sábado 11 o Cadete estrea o título da División de Honra en Abegondo ante o Pabellón Ourense CF (12:00), no único partido en casa desta xornada.

Compiten como visitantes o Orzán SD Infantil A Femenino en Ferrol ante o Racing (12:30, campo de Aneiros); o Orzán SD Infantil B Femenino na Coruña ante o Club Rosalía Mera (16:00, San Pedro de Visma); o Xuvenil B, campión da Liga Nacional, na Coruña ante o Victoria CF (18:15, A Grela 1); o San Tirso SD Cadete en Lugo ante o CD Lugo (15:45, A Cheda); o Infantil, en loita polo título da División de Honra, ante o CD Conxo Santiago (12:00, campo da Merced, Conxo); o Fabril FC Alevín en Carballo ante o ED Luis Calvo Sanz (18:30, As Eiroas); e o Fabril FC Benxamín na Coruña ante o Victoria CF (9:30 na Torre).

Para o domingo, ademais dos choques citados do Dépor ABANCA B e Xuvenil A, o San Tirso SD Infantil visita ao Bertamiráns FC (11:00, Municipal de Bertamiráns); e os 'orzanes' poñen o punto e final á xornada: o Orzán SD Xuvenil Femenino ás 17:30 en Vilagarcía ante o Atlético Arousana e o Orzán SD B sub-16 Femenino ás 16:00 na Torre ante o ED Os Miúdos.

Esta fin de semana toca descanso para o Orzán SD Cadete Femenino, xa campión do grupo 1º da Liga Galega.

Para o luns 13 ás 19:00 queda en Abegondo o encontro da Fase polo Título da Primera A Coruña de fútbol 8 entre o Benxamín A e o ED Luis Calvo Sanz.

Finalmente, as deportivistas Elena Vázquez e Sara Cercido; ademais das orzanistas Yaiza García, Emma Gandoy, Laura Santos e Noelia Mayo adestráronse o martes 7 de maio ás 17:00 no campo da Braña en Rois coa selección galega sub-17.

Onte mércores, no mesmo escenario adestrouse a selección galega sub-15, coas orzanistas Antía Veiga, Daniela Macedo e Claudia Sande.

O calendario de partidos é o seguinte:

Categoría feminina
30ª xornada (última): DEPORTIVO ABANCA B - UD LLANERA, o domingo 12 de maio ás 12:00 en Abegondo
Clasificación da Tercera Federación FutFem: 1. Real Avilés CF, 75 puntos; 2. Deportivo ABANCA B, 69 puntos; 3. Olímpico de León, 57 puntos... 16. UD Llanera, 21 puntos

29ª xornada: ATLÉTICO AROUSANA - ORZÁN SD XUVENIL FEMENINO, o domingo 12 de maio ás 17:30 na Lomba (Vilagarcía)
Clasificación da Primera Autonómica: 1. Bergantiños CF e Orzán SD Xuvenil Femenino, 65 puntos; 3. SD O Val e Lóstrego CF B, 54 puntos... 6. Atlético Arousana, 46 puntos...

29ª xornada: ORZÁN SD B SUB-16 FEMENINO - ED OS MIÚDOS, o domingo 12 de marzo ás 16:00 na Torre (campo 2)
Clasificación da Segunda Autonómica, subgrupo 1º: ... 5. UD Carral, 49 puntos; 6. Xallas FC, 45 puntos; 7. Orzán SD B sub-16 Femenino e Sporting Meicende, 43 puntos; 9. SD Antas, 42 puntos; 10. UC Cee, 41 puntos; 11. Brexo Lema SD, 40 puntos... 15. ED Os Miúdos, 7 puntos...

Clasificación da Liga Galega cadete, subgrupo 1º: 1. Orzán SD Cadete Femenino, 81 puntos; 2. Victoria CF (un partido menos), 72 puntos...

29ª xornada: RACING DE FERROL - ORZÁN SD INFANTIL A FEMENINO, o sábado 11 de maio ás 12:30 no campo de Aneiros (Serantes, Ferrol)
29ª xornada: CLUB ROSALÍA MERA - ORZÁN SD INFANTIL B FEMENINO, o sábado 11 de maio ás 16:00 en San Pedro de Visma (campo 1)
Clasificación da Liga Galega, subgrupo 1º: 1. Victoria CF, 76 puntos; 2. Orzán SD Infantil A Femenino, 74 puntos; 3. Racing de Ferrol, 64 puntos... 11. Arzúa FCF, 24 puntos; 12. Orzán SD Infantil B Femenino, 19 puntos; 13. AD Cristo Rey, 17 puntos; 14. Club Rosalía Mera, 0 puntos

Segunda Federación
Clasificación final: ... 7. SD Compostela e Real Valladolid Promesas, 47 puntos; 9. Fabril, 44 puntos; 10. Coruxo FC, 43 puntos; 11. Marino de Luanco, 42 puntos; 12. RS Ximnástica de Torrelavega e Real Avilés Industrial, 41 puntos...

Categoría xuvenil
Copa de Campións, cuartos de final, ida: XUVENIL A - SEVILLA FC, o domingo 12 de maio ás 12:00 en Abegondo

33ª xornada: VICTORIA CF - XUVENIL B, o sábado 11 de maio ás 18:15 na Grela 1
Clasificación da Liga Nacional: 1. Xuvenil B (xa campión), 84 puntos; 2. RC Celta B, 78 puntos... 15. Victoria CF, 35 puntos...

Categoría cadete
31ª xornada: CADETE - PABELLÓN OURENSE CF, o sábado 11 de maio ás 11:00 en Abegondo
31ª xornada: CD LUGO - SAN TIRSO SD CADETE, o sábado 11 de maio ás 15:45 na Cheda (Lugo)
Clasificación da División de Honra: 1. Cadete (xa campión), 88 puntos; 2. RC Celta, 75 puntos... 6. Salgueiriños CF, 44 puntos; 7. Ural Español CF, CD Lugo e San Tirso SD Cadete, 40 puntos; 10. Rápido de Bouzas e ED Xuventude de Oroso, 39 puntos; 12. CD Areosa, 36 puntos; 13. Pabellón Ourense CF, 35 puntos...

Categoría infantil
28ª xornada: CD CONXO SANTIAGO - INFANTIL, o sábado 11 de maio ás 12:00 no campo da Merced (Conxo, Santiago)
28ª xornada: BERTAMIRÁNS FC - SAN TIRSO SD INFANTIL, o domingo 12 de maio ás 11:00 no Municipal de Bertamiráns
Clasificación da División de Honra: 1. Infantil, 76 puntos; 2. RC Celta, 71 puntos... 10. CD Conxo Santiago, 32 puntos; 11. UD Santa Mariña, 31 puntos; 12. San Tirso SD Infantil, 29 puntos; 13. CD Lugo, 26 puntos... 16. Bertamiráns FC, 12 puntos...

Categoría alevín
9ª xornada: ALEVÍN A - SAN TIRSO SD, mañá venres 10 de maio ás 19:00 en Abegondo
9ª xornada: ED LUIS CALVO SANZ - FABRIL FC ALEVÍN, o sábado 11 de maio ás 18:30 en As Eiroas
Eiroas Clasificación da Fase polo Título da Primera A Coruña de fútbol 8: 1. Sada CF, 21 puntos; 2. Alevín A, 18 puntos; 3. CD Calasanz, 15 puntos; 4. Fabril FC Alevín, 10 puntos; 5. San Tirso SD, 7 puntos; 6. ED Luis Calvo Sanz, 0 puntos

Categoría benxamín
9ª xornada: BENXAMÍN A - ED LUIS CALVO SANZ, o luns 13 de maio ás 19:00 en Abegondo
9ª xornada: VICTORIA CF - FABRIL FC BENXAMÍN, o sábado 11 de maio ás 9:30 na Torre (campo 1.1)
Clasificación da Fase polo Título da Primera A Coruña de fútbol 8: 1. Benxamín A, 22 puntos; 2. Victoria CF, 18 puntos; 3. Fabril FC Benxamín, 11 puntos; 4. ED Luis Calvo Sanz, 10 puntos; 5. Atlético Coruña Montañeros CF, 9 puntos...