RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
ALEVÍN A

O Alevín A perde o paso na Fase polo Título da Primera A Coruña após caer de novo, esta vez co CD Calasanz

O Alevín A (na foto de arquivo) perdeu o paso na Fase polo Título da Primera A Coruña de fútbol 8 ao caer (2-3) ante o CD Calasanz na 7ª xornada.

Manu Sande e Nacho Villanueva foron os autores dos goles branquiazuis, insuficientes posto que o equipo deportivista encaixou a súa segunda derrota nesta segunda parte da temporada.

Con este resultado, o conxunto de Alberto Suárez queda con 15 puntos na 2ª posición, a 3 do Sada CF, líder con 18 puntos.

Alevín A: Iago Miranda, Hugo Macedo, Yoel Puñal, Iván Gil, Nacho Villanueva, Rui Caamaño, Manu Sande e Álvaro Gómez. Tamén xogaron: Felipe Varela, Hugo Luaces, Brais Martínez, Sergio Fernández e Martín López.

O vindeiro martes 6 de abril ás 19:15, o Alevín A mídese ao Fabril FC Alevín en xornada correspondente a esta fin de semana.

Os resultados do Alevín A en esta competición son os seguintes:

Alevín A 15 (Nacho Villanueva -5-, David Gómez -4-, Rui Caamaño -3-, Álvaro Gómez -2- e Hugo Macedo) - ED Luis Calvo Sanz 2
CD Calasanz 3 - Alevín A 5 (Nacho Villanueva -2-, Rui Caamaño, Sergio Fernández e David Gómez)
Alevín A 7 (David Gómez -3-, Nacho Villanueva, Jorge Fernández, Hugo Macedo e Manu Sande) - Fabril FC Alevín 1
San Tirso SD 0 - Alevín A 2 (Álvaro Gómez e Hugo Macedo)
Alevín A 0 - Sada CF A 3
ED Luis Calvo Sanz 1 - Alevín A 7 (Nacho Villanueva -2-, David Gómez -2-, Hugo Macedo -2- e Rui Caamaño)
Alevín A 2 (Manu Sande e Nacho Villanueva) - CD Calasanz 3