RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
TERESA HERRERA

O Dépor ABANCA conquista ante o Alavés o Trofeo Teresa Herrera por terceira vez (2-0)

O Deportivo ABANCA proclamouse campión do XI Trofeo Teresa Herrera ao vencer por 2-0, grazas a un gol en cada a parte, ao Deportivo Alavés Gloriosas, que será un dos seus 13 rivais na nova temporada na segunda categoría do fútbol español.

O Dépor ABANCA abriu o marcador no seu primeiro achegamento claro á portería visitante. Chegada pola dereita de Laurina, centro á área da asturiana, rexeite en curto da zaga vitoriana e Paula Gutiérrez enganchou o balón morto ao bordo da área pequena para bater a Jana Xin. Corría o minuto 10.

No minuto 17 produciuse unha dobre ocasión coruñesa. Primeiro, un disparo afastado de Millene que sacou Jana Xin a córner. No mesmo saque de esquina, na segunda xogada, Inés Altamira estrelou un disparo raso coa esquerda na madeira

A primeira ocasión alavesista chegou no minuto 20, cando Olga picou un pase longo en profundidade e o seu tiro cruzado perdeuse á dereita de Yohana. A mellor, á media hora, cun impresionante disparo de Lorea desde 30 metros que repeleu o recanto. Nos mellores minutos do Alavés, Yohana interveu descisivamente para desviar a córner un disparo cruzado de Alcorta desde fóra da área. Corría o minuto 39.

Na segunda metade, as ocasións escasearon máis que na primeira, ao notar ambos os equipos o cansazo das duras sesións físicas dos primeiros días de pretemporada.

A pesar diso, e ao carrusel de cambios, o Dépor ABANCA aumentou a súa vantaxe no minuto 73, cando Eva Dios controlou un centro de Charle desde o extremo esquerdo e superou con tranquilidade a Sofía para colocar o 2-0 no marcador.

O conxunto branquiazul conquistou deste xeito o Trofeo Teresa Herrera por terceira vez, tralos éxitos de 2016 e 2022, converténdose no equipo máis laureado.

Deportivo ABANCA: Yohana (Lucía, min. 46) (Martina, min. 86), Cris (Samara, min. 46), Inés Altamira, Raquel García (Elena Vázquez, min. 46), Clara Rodríguez (Monteagudo, min. 46), Henar, Paula Gutiérrez (Carmen Carballada, min. 86), Laurina (Charle, min. 58), Ayaka (Lía, min. 58), Carlota Sánchez (Eva Dios, min. 46) e Millene (Sara Debén, min. 72).

Deportivo Alavés Gloriosas: Jana Xin (Sofía, min. 53), Judith (Tores, min. 72), Pichi, Alcorta, Carla Morera (Alba Aznar, min. 72), Monente (Aby Manou, min. 53), Olga (Cristina Auñón, min. 46), Almudena (Aiala, min. 72), Lorea (Da Eira, min. 46), Herce (Elene Errasti, min. 72) e Pinilla (Laura Moreno, min. 46).

Goles: 1-0 Paula Gutiérrez (min. 10); 2-0 Eva Dios (min. 73).

Árbitra: Beatriz Cuesta Arribas (c. galego). Cartón amarelo a Alcorta (min. 31).

Incidencias: partido correspondente ao XI Trofeo Teresa Herrera disputado no Estadio ABANCA-RIAZOR.

GALERÍA DE FOTOS EN FACEBOOK