RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
#ASNOSAS

O Dépor ABANCA, que hoxe recibiu unha cariñosa homenaxe do primeiro equipo masculino, viaxa mañá a Albacete vía Madrid

O Dépor ABANCA viaxa a Albacete mañá venres 26 de abril despois de adestrar, vía Madrid, para visitar o sábado 27 de abril ás 19:30 ao CD Alba Fundación Femenino na Cidade Deportiva Andrés Iniesta, con motivo do último partido de liga.

Hoxe, As Nosas recibiron unha cariñosa homenaxe no campo 1 da Cidade Deportiva de Abegondo por parte do primeiro equipo masculino.

Futbolistas e técnicos do Dépor fixeron un emotivo corredor e aplauso ás futbolistas e técnicos do Dépor ABANCA como felicitación polo ascenso á liga F.

Millene Cabral, en rolda de prensa, manifestou que "oxalá llo podamos devolver. É un ano moi bonito para os dous equipos, para o Dépor en xeral. É un ano onde os equipos teñen que estar xuntos porque iso fai a diferenza. A nivel persoal e como equipo estamos moi contentas. O recoñecemento dos mozos foi algo moi bonito para nós".

Mañá venres será o último adestramento antes de viaxar, segundo esta folla de ruta:

Venres 26 de abril
12:00: Adestramento en Abegondo
14:30: Comida en Abegondo
17:10: Saída do voo do Aeroporto da Coruña con destino o Aeroporto de Barajas - Adolfo Suárez
18:20 (hora aproximada): Chegada ao Aeroporto de Barajas - Adolfo Suárez e traslado en autocar a Albacete
21:00 (hora aproximada): Chegada ao Hotel Palacio Albacete & Spa

Sábado 27 de abril
19:30: CD Alba Fundación Femenino - Deportivo ABANCA, na Cidade Deportiva Andrés Iniesta
Ao concluír, regreso en autocar á Coruña