RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
RCDEPORTIVO

O RC Deportivo activa un servizo de consigna de carriños de bebés e cascos para estes últimos partidos en ABANCA-RIAZOR

O RC Deportivo pon en marcha desde este domingo, no partido ante o CD Arenteiro, un servizo de consigna de cadeiras de bebé en ABANCA-RIAZOR para que as persoas asistentes poidan desprazar aos seus pequenos até o momento de entrada ao estadio. Neste emprazamento tamén se poderán depositar cascos.
 
Dicha consigna, que se utilizará exclusivamente para carriños encartados e cascos, atoparase situada debaixo da rampla da porta 4 e estará dispoñible para o público asistente ao partido desde a apertura de portas até 45 minutos unha vez finalizado o encontro. 

A cadeira de bebé debe depositarse antes de acceder ao estadio, encartada e sen obxectos. No momento de deixar o carriño de bebé ou o casco, daráselle ao portador un ticket que necesitará entregar para a súa recollida.

O RC Deportivo decide pór en marcha este servizo ante a imposibilidade de introducir este tipo de obxectos pola normativa de seguridade vixente no acceso aos recintos deportivos, e como solución ante a alta demanda rexistrada nos últimos encontros en ABANCA-RIAZOR.

NORMAS CONSIGNA DE CARROS, CADEIRAS E CASCOS
 
-Os carros ou cadeiras deberán estar encartados.
-Cada silla levará un número de resgardo que se entregará ao propietario e que con carácter obrigatorio deberá entregar para a súa recollida.
-O RC DEPORTIVO non se responsabiliza de ningún dano que poida ter a cadeira.
-As sillas non poderán conter ningún obxecto, roupa, aveños... deberá estar baleira.
-O usuario que entregue en depósito o carro ou cadeira será o mesmo que o recolla.
-O horario de consigna será desde a hora fixada para a apertura de portas até 45 minutos posterior á finalización do partido.
-No caso que o carro ou silla non fose recollida polo usuario está quedará en depósito no club até a súa entrega, cun prazo máximo dun mes.
-Os cascos non poderán conter ningún obxecto.
-Os usuarios asinarán un rexistro de depósito tanto para a entrega como  para a retirada.