RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
FUNDACIÓN

O RC Deportivo súmase ao Día Mundial do Autismo

O RC Deportivo súmase hoxe martes 2 de abril ao Día Mundial do Autismo, nunha semana na que con diversos actos únese a loita para visibilizar e apoiar os dereitos dos nenos e persoas autistas.

Os xogadores do Dépor e as xogadoras do Dépor ABANCA sumáronse á iniciativa con diversas publicacións nas redes sociais. O vindeiro domingo, na previa do partido ante o Unionistas de Salamanca CF, nenos pertencentes á Fundación Erik Lövaas Para Autismo saltarán ao terreo de xogo de ABANCA-RIAZOR para formar cos futbolistas branquiazuis na foto do once inicial.

Así mesmo, con motivo do recente Día Mundial da Síndrome de Down (21 de marzo), a asociación Down Coruña, da que son membros rapaces e rapazas con Síndrome de Down e con autismo, protagonizará unha acción tamén nos prolegómenos do encontro.