RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
#OSNOSOS

Os Nosos, esixíndonos ao máximo, insiste no traballo táctico coa mesma confianza que antes

Imanol Idiakez incidiu esta mañá no campo 3 da Cidade Deportiva no traballo táctico con finalizacións despois de arrincar a xornada no céspede con xogos e rondos.

Iván Barbero na sala de prensa asegurou que o equipo está "a adestrar como sempre, coa dinámica que levamos de moito tempo, facendo o que nos pide o míster, esixíndonos ao máximo e con moitas ganas e ilusión de afrontar este partido", en referencia á visita ao Sestao River prevista para o sábado 4 de maio ás 18:00 (FEF TV) no campo de Las Llanas.

De feito, o dianteiro branquiazul confesa sobre o empate sufrido o pasado domingo que "o míster nos transmitiu que é fútbol e en calquera acción pódeche pasar. Seguimos traballando, temos a mesma confianza que antes e con moita ilusión".

Ximo Navarro e Hugo Rama estiveron con traballo personalizado; mentres que Rubén López e Martín Ochoa foron os representantes de #ANOSACANTEIRA.

Mañá venres o Dépor adestrarase de novo ás 11:00 en Abegondo. Ao concluír, Imanol Idiakez dará a lista de convocados que pola tarde se desprazarán ao País Vasco.