RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
#OSNOSOS

Os Nosos, máis motivados e con máis confianza imposible, comezan mañá unha semana o máis normal posible

O Dépor arrinca mañá martes 7 de maio a semana de preparación da próxima cita no grupo 1º de Primera Federación, a visita do FC Barcelona Atlétic a ABANCA-RIAZOR prevista para o domingo 12 de maio ás 19:00 horas (TVG e FEF TV), correspondente á 36ª xornada (antepenúltima) de liga.

Os resultados da pasada fin de semana, co triunfo (0-1) en Sestao, deixaron a Os Nosos á fronte da clasificación con 71 puntos por 67 precisamente do filial azulgrana.

Pablo Vázquez, na zona mixta de Las Llanas, aposta porque a semana sexa "o máis normal posible". 

O defensor asegura que "chegamos máis motivados e con máis confianza imposible. Levamos unha segunda volta incrible, estamos nunha posición para afrontalo con garantías e moita confianza porque o grupo demostrou que deu a cara en calquera contexto. O domingo o rival vénnos ben porque somos un equipo que contra ese tipo de rivais desenvolvémonos bastante ben".

Imanol Idiakez tamén se mostrou en Sestao "moi satisfeito co traballo de todos. O partido que fixo Jaime de mediocentro foi un espectacular por pór un exemplo e todos, o compromiso, a liña de 4, Villares que estaba cun proceso vírico que non sabiamos se chegaba ao partido a malleira que se pegou, Lucas cunha medio gripe, Yeremay, Mella, os que saíron logo e o compromiso, como está o vestiario, como estaba a xente no banco vivindo os últimos minutos, como está todo o mundo co equipo... É un orgullo ter este vestiario".

O corpo técnico dispuxo desde mañá de 5 sesións de traballo, todas elas matinais en Abegondo, con almorzo previo para o cadro a partir das 8:30.

A planificación semanal, sempre susceptible de sufrir variación por razóns técnicas, é a seguinte:

Martes 7 de maio
11:00 h.

Mércores 8 de maio
11:00 h.

Xoves 9 de maio
11:00 h.

Venres 10 de maio
11:00 h.

Sábado 11 de maio
11:00 h.

Domingo 12 de maio
19:00: Deportivo - FC Barcelona Atlétic, en ABANCA-RIAZOR