RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
FABRIL

Óscar Gilsanz pide en Oviedo sumar un punto canto menos. Iso evítanos calquera tipo de complicación

A falta dun partido para completar a liga, e aínda que prefire esperar a que pase esta última xornada, Óscar Gilsanz si se mostrou na sala de prensa de Abegondo "moi satisfeito de como transcorreu a temporada. Esperemos pechalo co colofón de poder manter a categoría, que sería moi importante para o Club e para os futbolistas do Fabril".

As contas para esta última cita son "fáciles" para o preparador fabrilista: "Sumar un punto canto menos. Iso evítanos calquera tipo de complicación. Pero cando afrontas un partido tes que pensar só en sumar os 3 puntos, gañar o partido, utilizar as túas armas".

Admite que a pasada semana ante o Pontevedra CF en Abegondo "perdemos unha oportunidade. Nas primeiras horas estivemos todos amolados porque pensabamos que era unha oportunidade perdida pero, despois de falar co grupo, temos outra oportunidade este domingo; e o grupo está animado. Tanto Martín Ochoa (que gozou dunha clara oportunidade de marcar o gol do triunfo e da permanencia no último minuto do partido ante o Pontevedra CF) como o resto de xogadores son conscientes do que hai que facer para tentar gañar o partido. Esas son as contas que facemos. O que pase nos outros partidos, se nós facemos a nosa parte, non nos ten que preocupar". 

Do Real Oviedo Vetusta, rival o domingo 5 de maio ás 12:00 (Youtube Real Oviedo) en O Requexón, destaca que "ten moita mocidade, sobre todo na súa zona defensiva pero con xogadores de moita calidade individual e moi bo xogo aéreo na zona de centrais, con laterais de moitísimo percorrido".

Cre Óscar Gilsanz que "tentarán forzar situacións de superioridade numérica por fóra. Arriba ten xogadores de calidade como Mario Sesé, Santi Miguélez, Xavi Sola, Dieguito, un xuvenil que leva toda a temporada xogando con eles e que ten moito nivel... Fixámonos a nivel colectivo e loxicamente tamén pomos o acento nesas individualidades que como todo filial tamén son perigosas".