RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
FUNDACIÓN

Pechada a inscrición do XVIII Torneo RC Deportivo en categoría Benxamín

O RC Deportivo organiza un ano máis o seu torneo de categorías Benxamín e Prebenxamín, que terá lugar, seguindo a tradición, o 17 de maio, Día das Letras Galegas, que xa está a ser un éxito a nivel participativo posto que a pouco menos de dous meses da súa celebración xa se esgotaron as prazas nunha das dúas categorías.

O Torneo RC Deportivo faise maior, pois en 2024 cumpre o seu XVIII edición. Nesta ocasión, hai unha cota máxima de equipos inscritos, con 80 en categoría Benxamín e 80 en categoría Prebenxamín. Hoxe mesmo pechouse a inscrición en categoría Benxamín após alcanzar o límite de prazas.

Os equipos interesados en inscribirse na categoría Prebenxamín aínda poden facelo a través desta ligazón.

Desde 2004, fóra de 2020, 2021 e 2022 debido á pandemia mundial de COVID-19, a Cidade Deportiva de Abegondo acolle a gran festa do fútbol base galego, acollendo un torneo que pode considerarse como o campionato rexional oficioso en ambas as categorías.

O RC Deportivo, con 5 títulos, é o dominador do palmarés en categoría Benxamín. En categoría Prebenxamín, que se disputa desde 2015 xa que con anterioridade celebrábase un torneo Alevín (con 8 triunfos deportivistas en 11 edicións), ninguén conseguiu repetir vitoria, con éxitos do Victoria CF, ED Val Miñor Nigrán, SD Cristo de la Victoria, EF Luis Calvo Sanz, CD Calasanz e UD Mos.