RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
#ANOSACANTEIRA

Resultados dos 3 partidos disputados hoxe mércores en ANOSACANTEIRA, cun triunfo, un empate e unha derrota

Hoxe mércores 8 de maio tiveron cita 3 equipos de #ANOSACANTEIRA: San Tirso SD Cadete, Benxamín A e Alevín de fútbol 11.

Así, o San Tirso SD Cadete, instalado na zona media da División de Honra, caeu co potente CD Conxo Santiago (2-3) en partido correspondente á xornada disputada a pasada fin de semana.

En Abegondo, o Benxamín A venceu ao Victoria CF (2-6) en encontro da 8ª xornada na Fase polo Título da Primera A Coruña de fútbol 8 disputada a pasada fin de semana. Os branquiazuis quedan a un partido de amarrar o título desta segunda fase.

Finalmente nas Eiroas (Carballo), o Alevín empatou (1-1) co RC Celta na gran final do Trofeo Conservas Calvo de fútbol 11, que levaron os célticos na lotaría dos penaltis.

Os branquiazuis foron campións do grupo norte con 10 partidos gañados e 1 empatado; mentres que os célticos venceron no grupo sur tamén con 10 vitorias e 1 empate.

Os resultados foron os seguintes:

Categoría cadete
30ª xornada: SAN TIRSO SD CADETE 2 (Roi e Héctor García) - CD CONXO SANTIAGO 3
Clasificación da División de Honra: 6. Salgueiriños CF, 44 puntos; 7. Ural Español CF, CD Lugo e San Tirso SD Cadete, 40 puntos; 10. Rápido de Bouzas e ED Xuventude de Oroso, 39 puntos...

Categoría alevín
Trofeo Conservas Calvo de fútbol 11, final: ALEVIN 1 (David Gómez) - RC CELTA 1. A penaltis: 4-5

Categoría benjamín
8ª xornada: VICTORIA CF 2 - BENXAMÍN A (Diego Castelo -2-, Leo Lorenzo -2-, Antón Fernández e Mateo Cardelle)
Clasificación da Fase polo Título da Primera A Coruña de fútbol 8: 1. Benxamín A, 22 puntos; 2. Victoria CF, 18 puntos; 3. Fabril FC Benxamín, 11 puntos...