RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
#ANOSACANTEIRA

Resultados hoxe martes e calendario de mañá mércores, con só un partido previsto

A festividade de mañá mércores 1 de maio provocou unha intensa xornada de partidos entre semana en #ANOSACANTEIRA.

Así, hai competición ligueira estes días en cadetes, alevíns e benxamíns.

Hoxe martes o Cadete, a un paso de revalidar o título na División de Honra, venceu (5-1) ao Victoria CF. 

Tamén en Abegondo víronse as caras o Fabril FC Benxamín e o Benxamín A en choque da Fase polo Título da Primera A Coruña de fútbol 8. Houbo repartición de puntos (1-1) nun equilibrado encontro.

Pecharon a xornada dous partidos fóra de casa: o Alevín A en Carballo ante o ED Luis Calvo Sanz (1-12) no Trofeo Conservas Calvo de fútbol 11 e o Fabril FC Alevín no Monte ante o San Tirso SD (2-2) na Fase polo Título da Primera A Coruña de fútbol 8.

Mañá mércores 1 está previsto un único partido, o do San Tirso SD Cadete, instalado na zona media-alta da clasificación, en Coles ante o UD Ourense (11:30).

E a xornada entre semana conclúe o xoves 2 co encontro entre o Alevín A e o CD Calasanz correspondente á Fase polo Título da Primera A Coruña de fútbol 8. Será no campo 1 de San Pedro de Visma a partir das 18:00 horas.

Finalmente hoxe martes, as deportivistas Elena Vázquez e Sara Cercido; xunto ás orzanistas Yaiza García, Emma Gandoy, Laura Santos e Noelia Mayo participaron nun adestramento da selección galega sub-17 no campo da Braña en Rois.

E as orzanistas Claudia Sande e Daniela Macedo disputaron un amigable coa selección galega sub-15 ante o Arosa SC de Liga Galega infantil no campo de Zacande en Meis.

O calendario de partidos, cos resultados dos xa xogados, é o seguinte:

Categoría cadete
División de Honra, 29ª xornada: CADETE 5 (Miguel de Labra -2-, Balbas, Trillo e Xabi Campos) - VICTORIA CF 1
División de Honra, 29ª xornada: UD OURENSE - SAN TIRSO SD CADETE, mañá mércores 1 de maio ás 11:30 no campo de Albán (Coles)

Categoría alevín
Trofeo Conservas Calvo de fútbol 11, subgrupo norte, 10ª xornada: ED LUÍS CALVO SANZ 1 - ALEVÍN 12 (David Gómez -4-, Nacho Villanueva -3-, Álvaro Gómez -2-, Hugo Macedo, Rui Caamaño e Martín López)

Fase polo Título da Primera A Coruña de fútbol 8, 7ª xornada: ALEVÍN A - CD CALASANZ, o xoves 2 de maio ás 18:00 en San Pedro de Visma (campo 1)
Fase polo Título da Primera A Coruña de fútbol 8, 7ª xornada: SAN TIRSO SD 2 - FABRIL FC ALEVÍN 2 (Miguel Candal e Alejandro Astray)

Categoría benxamín
Fase polo Título da Primera A Coruña de fútbol 8, 7ª xornada: FABRIL FC BENXAMÍN 1 (Pablo Couso) - BENXAMÍN A 1 (Mateo Songo'o)