RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
#OSNOSOS

Segunda sesión para o Dépor nunha semana que vives con normalidade

O Dépor completou esta mañá entre os campos 2 e 3 de Abegondo unha semana de traballo que Manuel Pablo, despois de vivir algunhas semellantes, asegura que "vives con normalidade".

O ex deportivista, actual adestrador dun Xuvenil A campión de liga e clasificado para a Copa de Campións, apuntou en rolda de prensa que "sabes o que che vas a atopar cando chegues a ABANCA-RIAZOR, o ambiente que vai haber pero ti no día a día lévalo con normalidade".

Manuel Pablo cre que "hai que aproveitar esa enerxía que van ter con #ANOSAFORZA envorcada desde o primeiro minuto".

Con Ximo Navarro e Hugo Rama con traballo individual, Imanol Idiakez traballou "os aspectos que hai que ter contra un rival como o Barça B, para contrarrestar; as túas ideas, o que che trouxo até aquí", opinou Manuel Pablo na súa comparecencia ante os medios esta mesma mañá. Todo iso cun exercicio de posición e un partido en espazos amplos após unha activación con roda de pases.

Rubén López, Martín Ochoa e Diego Gómez foron hoxe os representantes de #ANOSACANTEIRA.

Os Nosos adestraranse de novo mañá xoves ás 11:00 en Abegondo de cara ao choque ante o FC Barcelona Atlètic deste domingo 12 de maio ás 19:00 en ABANCA-RIAZOR (TVG e FEF TV), correspondente á 36ª xornada no grupo 1º de Primera  Federación.

📸GALERÍA DE FOTOS EN FACEBOOK