Sólido triunfo do San Tirso SD Cadete ante o ED Val Miñor en partido da xornada 25ª xa disputada antes de Semana Santa
O San Tirso SD Cadete (na foto de arquivo durante a Ibercup de Cádiz) venceu esta tarde (0-3) ao ED Val Miñor Nigrán en choque correspondente á 25ª xornada da División de Honra, disputada antes da Semana Santa.
Gael puxo en vantaxe aos 'verdes' ao minuto de xogo. Após o descanso, de novo Gael e Pablo Crespo completaron un sólido partido.
Con este resultado, o equipo de Samuel Montoto suma 35 puntos, situado na 9ª posición da táboa.
San Tirso SD Cadete: Antón Roura, Sergio Míguez, Adrián, Mauro, Nico, Gael, Sabino, Pablo Crespo, Samba, Xoel e Héctor. Tamén xogaron: Guille, Antón Sánchez, Casuso e Iago.
Este sábado 6 de abril ás 12:00, o San Tirso SD Cadete recibe no Monte ao Coruxo FC.
Onte martes, Gael, Mauro e Samba adestráronse coa selección galega sub-16 na Estrada co obxectivo de preparar a Fase de Plata do Campionato de España por autonomías que se xogará a finais de mes.
Os resultados do San Tirso SD Cadete até a data son os seguintes:
San Tirso SD Cadete 1 (Gael) - CD Areosa 2 Victoria CF 0 - San Tirso SD Cadete 2 (Pablo e Gael) San Tirso SD Cadete 0 - ED Xuventude de Oroso 1 Pabellón Ourense CF 1 - San Tirso SD Cadete 1 (un futbolista rival en propia meta) Atlético Coruña Montañeros CF 1 - San Tirso SD Cadete 0 San Tirso SD Cadete 1 (Antón Sánchez) - RC Celta 3 Arosa SC 1 - San Tirso SD Cadete 0 San Tirso SD Cadete 0 - ED Val Miñor Nigrán 1 Coruxo FC 1- San Tirso SD Cadete 3 (Guille, Samba e Héctor) San Tirso SD Cadete 2 (Héctor e Gael) - Ural Español CF 4 Salgueiriños CF 3 - San Tirso SD Cadete 2 (Gael e Guille) San Tirso SD Cadete 2 (Nico e Héctor) - UD Ourense 1 CD Conxo Santiago 1 - San Tirso SD Cadete 0 San Tirso SD Cadete 0 - CD Lugo 2 Deportivo 4 - San Tirso SD Cadete 2 (Pablo Crespo e Gael) San Tirso SD Cadete 2 (Gael e un futbolista rival en propia meta) - Rápido de Bouzas 1 Racing de Ferrol 1 - San Tirso SD Cadete 2 (Borja e Sabino) CD Areosa 0 - San Tirso SD Cadete 3 (Mauro -2- e Pablo Crespo) San Tirso SD Cadete 3 (Gael -2- e Pablo Crespo) - Victoria CF 0 ED Xuventude de Oroso 1 - San Tirso SD Cadete 6 (Pablo Crespo -3-, Joaquín, Héctor e Nico) San Tirso SD Cadete 3 (Gael e Nico -2-) - Pabellón Ourense CF 2 San Tirso SD Cadete 1 (Héctor) - Atlético Coruña Montañeros CF 0 RC Celta 4 - San Tirso SD Cadete 0 San Tirso SD Cadete 1 (Gael) - Arosa SC 1 ED Val Miñor Nigrán 0 - San Tirso SD Cadete 3 (Gael -2- e Pablo Crespo)