RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
#ANOSACANTEIRA

Último partido de Michi Apóstol no Campionato Suramericano, ante Arxentina e co Mundial de Colombia en xogo

-Foto: @fvf.com.ve

 

Michi Apóstol (na foto co número 7) está concentrada coa selección venezolana sub-20 no Campionato Suramericano que se disputa en Guayaquil (Ecuador).

A última cita para a deportivista e o seu combinado nacional será na madrugada de mañá domingo ao luns (1:30 en Galicia) ante Arxentina. En xogo estará unha praza para o próximo Campionato do Mundo que se disputa en Colombia.

Nos 4 partidos disputados no que vai de Fase Final, Michi Apóstol xogou completos os 4.

Ante Brasil, líder desta segunda parte do torneo, na madrugada do pasado sábado o choque foi para as brasileiras (0-2), do mesmo xeito que ocorreu na Primera Fase do torneo (1-2) entre ambos os equipos.

O terceiro partido para Venezuela foi o pasado luns 29 de abril ante Perú.

Ambos perderan os seus dous primeiros partidos nesta segunda parte do torneo e, por conseguinte, chegaban ao partido pechando a clasificación con 0 puntos.

As venezolanas golearon (1-6) con 2 tantos de Michi Apóstol no minuto 22, que servía para empatar o partido, e no 90+4; e sumaron así os seus 3 primeiros puntos.

Na noite do venres 26 de abril, a atacante deportivista enfrontouse a Colombia.

Os dous conxuntos tamén se viron as caras na primeira parte do torneo, nun choque que acabou con triunfo (4-1) colombiano.

Nesta segunda cita volveu gañar Colombia, esta vez por 3-2 cun tanto de Gabriela Rodríguez no desconto.

Michi Apóstol marcou no minuto 82 o segundo gol do seu equipo que significaba a igualada provisional no marcador. Após recibir un pase longo, a atacante deportivista anotou ao gañar as costas á súa defensora.

A futbolista branquiazul iniciou na madrugada do mércores 24 de abril en Galicia ante Paraguay esta Fase Final.

As paraguaias accederon como campioas do grupo A mentres que as venezolanas como terceiras clasificadas do grupo B.

O encontro saldouse con derrota de Venezuela (2-0).

Na Primera Fase, os rivais da 'Vinotinto' foron Bolivia, Colombia, Brasil e Chile. Michi Apóstol xogou completos os 4 partidos.

Neles, Venezuela gañou a Bolivia (6-0) e Chile (1-0); e caeu con Brasil (1-2) e Colombia (4-1). A futbolista branquiazul anotou 1 gol ante Bolivia e ademais deu unha asistencia. 

O calendario de partidos das venezolanas no Campionato Suramericano, cos resultados dos xa xogados, é o seguinte:

Venres 12 de abril
VENEZUELA 6 - BOLIVIA 0

Mércores 17 de abril
COLOMBIA 4 - VENEZUELA 1

Venres 19 de abril
VENEZUELA 1 - BRASIL 2

Sábado 20 de abril
VENEZUELA 1 - CHILE 0

Fase Final
Mércores 24 de abril
PARAGUAY 2 - VENEZUELA 0

Venres 26 de abril
COLOMBIA 3 - VENEZUELA 2

Luns 29 de abril
PERÚ 1 - VENEZUELA 6

Venres 3 de maio
VENEZUELA 0 - BRASIL 2

Luns 6 de maio
1:30: VENEZUELA - ARXENTINA, no Estadio Alberto Spencer Herrera

Michi Apóstol é un dos membros de #ANOSACANTEIRA que están no radar das categorías inferiores das diferentes seleccións nacionais como tamén Elena Vázquez, Lucía Rivas, Antía Veiga, Claudia Sande, Kevin Sánchez, José Rey ou Pablo García con España; Dunia Dahmouni e Amin Moustapha con Marrocos; ou Álex Delgado tamén con Venezuela.