Unha efectiva segunda parte deu o triunfo ao Dépor ABANCA B na súa visita ao Sporting de Gijón B
Unha efectiva segunda metade, na que anotaron Sara Cercido e Laura Santos, serviu ao Dépor ABANCA B para dobregar a un bo Sporting de Gijón B (0-2), en choque correspondente á 23ª xornada en Tercera Federación FutFem.
Óscar Orro, técnico deportivista, puido contar con Michi Apóstol e Paula Novo, que o día anterior estiveron convocadas para o partido do primeiro equipo ante o FC Barcelona B.
Por contra, foi baixa Elena Vázquez, concentrada coa selección española sub-17 con motivo da Rolda 2 de clasificación para o Campionato de Europa da categoría.
Con este resultado, o filial suma 53 puntos na 2ª posición da táboa por 63 do líder, o Real Avilés CF.
Deportivo ABANCA B: Martina Rivas, Noelia Mayo, María Calvo, Carmen Carballada, Michi Apóstol, Sara Cercido, Laura Testa, Lucía Rivas, Laura Otero, Paula Monteagudo e Noela. Tamén xogaron: Lucía Mariño, Paula Novo, Laura Santos, Elena López 'Cusi' e Uxía López.
O vindeiro domingo 24 de marzo ás 11:00, o Dépor ABANCA B recibe en Abegondo ao Victoria CF.
Os resultados até a data do Deportivo ABANCA B son os seguintes:
Deportivo ABANCA B 2 (Lucía Rivas -2-) - Victoria FC 1 Umia CF 0 - Deportivo ABANCA B 1 (Uxía López) Deportivo ABANCA B 5 (Lucía Rivas, Elena López 'Cusi', Laura Otero -2- e Laura Testa) - CD Lugo 0 Lóstrego CF 1 - Deportivo ABANCA B 0 Gijón FF 0 - Deportivo ABANCA B 3 (Macarena González, Uxía López e Laura Otero) Deportivo ABANCA B 5 (Laura Otero -2-, Lucía Rivas, Uxía López e Laura Santos) - Real Oviedo Femenino B 0 Sárdoma CF 1 - Deportivo ABANCA B 2 (Elena López 'Cusi' e María Calvo) Deportivo ABANCA B 4 (Sara Cercido, Paula Monteagudo, Lucía Rivas e Laura Otero) - Sporting de Gijón B 2 Victoria CF 3 - Deportivo ABANCA B 4 (Carmen Carballada -2-, Lucía Rivas e Elena López 'Cusi') Deportivo ABANCA B 5 (Noela -3-, Lucía Rivas e Paula Monteagudo) - CD Bovedana 1 Olímpico de León 3 - Deportivo ABANCA B 3 (Noela -3-) Deportivo ABANCA B 2 (Paula Monteagudo e Laura Testa) - PM Friol 2 Real Avilés CF 3 - Deportivo ABANCA B 1 (Lucía Rivas) Deportivo ABANCA B 2 (Noela -2-) - UD Mos 1 UD Llanera 2 - Deportivo ABANCA B 1 (Laura Otero) Victoria FC 1 - Deportivo ABANCA B 0 Deportivo ABANCA B 4 (Ana Capelo, Sara Cercido e Paula Monteagudo -2-) - Umia CF 1 CD Lugo 1 - Deportivo ABANCA B 2 (Paula Monteagudo e Michi Apóstol) Deportivo ABANCA B 2 (Noela e Laura Santos) - Lóstrego CF 1 Deportivo ABANCA B 5 (Michi Apóstol -3-, Noela e Paula Monteagudo) - Gijón FF 1 Real Oviedo Femenino B 0 - Deportivo ABANCA B 6 (Lucía Rivas -2-, María Calvo, Laura Otero -2- e Carmen Carballada) Deportivo ABANCA B 5 (Laura Otero, Michi Apóstol -3- e Noela) - Sárdoma CF 2 Sporting de Gijón B 0 - Deportivo ABANCA B 2 (Sara Cercido e Laura Santos)