RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

180 equipos participarán no XV Torneo Real Club Deportivo o próximo 17 de maio

Pechada a inscrición para o XV Torneo Real Club Deportivo, 180 equipos serán os que participen: 67 prebenxamíns e 113 benxamíns pertencentes a 71 clubs de toda Galicia.

O Torneo Real Club Deportivo porase en marcha ás 09:00 horas do próximo xoves 17 de maio por décimo quinto ano consecutivo, coa firme intención de converterse unha vez máis na gran festa do fútbol galego. O evento manterá o formato de edicións anteriores, coa participación de máis de 2.500 xogadores.

Os partidos arrincarán ás 09:00 horas e estenderanse até as 19:30, hora de inicio da final Benxamín, ao longo e ancho dos 16 terreos de xogo en que se dividirán os campos de herba natural da Cidade Deportiva de Abegondo. Espérase que polas instalacións do RC Deportivo pasen unhas 10.000 persoas, que ademais de gozar dunha inesquecible xornada de fútbol terán á súa disposición unha ampla área de recreo e restauración, que ocupará boa parte do terreo de xogo de herba artificial.