RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

Garitano: "Fixemos un partido intelixente"

Gaizka Garitano, adestrador do Deportivo, destacou o "partido intelixente" que fixeron os seus pupilos fronte ao Osasuna, un equipo co que non lle interesaba entrar "nun ida e volta".

"Fixemos un partido intelixente. Soubemos administrar ben os dous goles que levabamos e ter o balón no segundo tempo", analizou o preparador branquiazul, que insistiu con que "agora temos mellores resultados pero o equipo xa viña xogando así desde hai tempo".

"Na segunda parte non nos interesaba un partido de ida e volta. Os xogadores foron intelixentes", afirmou Garitano, que de inmediato pasou páxina porque "xa estamos a pensar no mércores, a Copa é unha competición na que queremos seguir".

Pola súa banda, o adestrador de Osasuna, Joaquín Caparrós, que viviu un regreso "emotivo" a Riazor, recoñeceu a superioridade do conxunto deportivista.

"O Dépor ten moita calidade e velocidade, é un equipo dinámico", recoñeceu.