RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

Garitano: "Aprendemos a xestionar o final do partido"

Gaizka Garitano, adestrador do Deportivo, mostrou a súa ledicia pola clasificación para os oitavos de final da Copa do Rei e mostrouse "contento de como xestionamos o final do partido".

O preparador branquiazul analizou así o emparellamento co Real Betis. "Foi unha eliminatoria igualada, tanto no partido de ida como no de volta. Tivemos a sorte de aproveitar as ocasións que tivemos e logo non pechamos o partido co penalti, e ata o final tivemos que sufrir", afirmou.

"Nos últimos minutos aprendemos dos últimos partidos e non lles deixamos chegar. Estou contento de como xestionamos o final do partido", puntualizou o técnico deportivista, que finalizou asegurando que "necesitamos un pouco de descanso, pero é unha pena ter que parar agora que estamos a xogar mellor".

Pola súa banda, o técnico do Real Betis, Víctor Sánchez del Amo, declarouse "desgustado" pola eliminación e a "falta de contundencia nas dúas áreas" mostrada polo seu equipo.

"Estamos desgustados, tiñamos depositadas moitas ilusións na eliminatoria despois dun resultado positivo na ida. No partido de hoxe, a primeira análise é que nos faltou contundencia nas dúas áreas", comentou.