RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

Raúl Albentosa representará o Dépor na terceira edición de 'Champions for Life'

O central Raúl Albentosa participará o próximo xoves 29 de decembro ás 19.00 horas, representando o RC Deportivo, na terceira edición da 'Champions for Life', un partido solidario que enfrontará no Estadio Benito Villamarín de Sevilla unha Selección da Liga fronte a unha Selección Andaluza.

O partido está organizado pola Liga de Fútbol Profesional, a través da súa Fundación, e UNICEF Comité Español.

Baixo o lema 'Un partido para recordar', UNICEF destinará os fondos recaudados a proxectos de infancia en situacións de emerxencia; e a Fundación La Liga a proxectos sociais/humanitarios propios dos seus Clubes/Fundacións, relacionados coas necesidades máis básicas da infancia, tanto en España como fóra das súas fronteiras.

Así pois, Albentosa non estará presente no primeiro adestramento do Deportivo após as vacacións de Nadal, previsto precisamente para o xoves 29 de decembro pola tarde en Abegondo.