RCD / NOVAS

3.075 futbolistas benxamíns e prebenxamíns disputarán o XVI Torneo RC Deportivo o próximo 17 de maio

25/04/2019 18:46

3.075 futbolistas benxamíns e prebenxamíns disputarán o XVI Torneo RC Deportivo o próximo 17 de maio na Cidade Deportiva de Abegondo. Os nenos e nenas pertencen a un total de 78 clubs que presentan 88 equipos en categoría Prebenxamín e 117 equipos en categoría benxamín para volver superar os 200 equipos no torneo.

Pechada a inscrición para esta edición, supéranse os 180 equipos e 2.700 futbolistas do ano pasado. 

Os clubs participantes nesta edición son:

ALONDRAS, AREC CUNHA, ACD VALADOURO, AROSA SC, ADR NUMANCIA DE ARES, AMISTADE DE MEIRÁS, AS BALEAS, ATLÉTICO CORUÑA MONTAÑEROS, ATLÉTICO CUNTIS, ATLÉTICO ARTEIXO, ATLÉTICO SAN PEDRO, ATLÉTICO DOS CASTROS, BETANZOS, BERTAMIRÁNS FC, EFM CONCELLO BOIRO, CLUB DEPORTIVO CIUDAD, CALASANCIO, CALASANZ, CALDAS CF, CD ALLARIZ, CD AS PONTES, CD NARÓN, CD CHOCO, CD OBRERO DE OLEIROS, CD VELLE, CF VISTA ALEGRE, CDUD CERQUEDA, REAL CLUB CELTA DE VIGO, COMPAÑÍA DE MARÍA, CORUXO CF, CLUB CALVO SOTELO, CLUB TORRE, CULTURAL MANIÑOS, REAL CLUB DEPORTIVO, DUMBRÍA, ESCOLAS DEPORTIVAS VEDRA, GALICIA DE CARANZA, IMPERATOR, LARACHA, JESUITINAS, ESCUELAS LUIS CALVO, MARÍN CF, ONCE CABALLEROS, OLÍMPICO DE RUTIS, SD ÓRDENES, ORILLAMAR, OZA JUVENIL, ORZÁN SD, PORTAZGO, RACING VILLALBÉS, RÁPIDO DE BOUZAS, RELÁMPAGO SD, SALGUEIRIÑOS CF, SÁLVORA FC, SD ANTAS, SPORTING BURGO, SD BANDEIRA, SD CACHEIRAS, SD DUBRA, SCD SAN CRISTÓBAL DAS VIÑAS, SD SARRIANA, SD PORTO BURELA, SD PONTEAREAS, SD GUITIRIZ, SAN TIRSO, SANTA CRUZ, SANTA MARÍA DEL MAR, AD SANTIAGO DE FOZ, SPORTING CORUÑÉS, SILVA, UD CARRAL, UD MOS, UC CEE, UD XOVE LAGO, UD SANTA MARIÑA, URAL, VICTORIA CF E SD CRISTO DE LA VICTORIA.

O Torneo Real Club Deportivo porase en marcha ás 09:00 horas do próximo venres 17 de maio por décimo sexto ano consecutivo, coa garantía por estas cifras de ser a gran festa do fútbol galego. Os partidos estenderanse até as 20:40, hora de inicio da final Benxamín, ao longo e ancho dos 16 terreos de xogo en que se dividirán os campos de herba natural da Cidade Deportiva de Abegondo. Espérase que polas instalacións do RC Deportivo pasen unhas 10.000 persoas, que ademais de gozar dunha inesquecible xornada de fútbol terán á súa disposición unha ampla área de recreo e restauración, que ocupará boa parte do terreo de xogo de herba artificial.