RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

A Cidade Deportiva de Abegondo será sede de LaLiga Genuine

LaLiga Genuine, competición destinada a equipos con xogadores DI, organizada pola Fundación de LaLiga xa está configurada para a súa segunda edición, a desta Temporada 2018-2019. De novo o Real Club Deportivo estará representado polo seu equipo, que onte ao mediodía comezou a adestrarse na Cidade Deportiva La Torre, e que ademais será Club anfitrión dunha das sedes nesta campaña. Do 1 ao 3 de febreiro a Cidade Deportiva de Abegondo acollerá un dos proxectos máis emocionantes de LaLiga e do propio Club.

Esta temporada disputaranse de novo 4 fases, coa novidade de que se desenvolverán en 6 sedes. Cada equipo viaxará a 4 delas.

As datas e sedes elixidas son:

1ª Fase (30 equipos):
Data: 16 - 18 Novembro
Lugar: Tarragona
Club anfitrión: Nàstic de Tarragona

2ª Fase (15 equipos):
Data: 18 - 20 Xaneiro
Lugar: Córdoba
Club anfitrión: Córdoba CF

2ª Fase (15 equipos):
Data: 1 - 3 Febreiro
Lugar: A Coruña (Cidade Deportiva de Abegondo)
Club anfitrión: RC Deportivo

3º Fase (15 equipos):
Data: 5 - 7 Abril
Lugar: Madrid
Club anfitrión: Rayo Vallecano

3ª Fase (15 equipos):
Data: 26 - 28 Abril
Lugar: Los Ángeles de San Rafael (Segovia)
Club anfitrión: Club Atlético de Madrid

4º Fase (30 equipos):
Data: 14 -16 Xuño
Lugar: Valencia
Club anfitrión: Valencia CF

Estes son os outros 29 equipos participantes en LaLiga Genuine 2018-2019:

· Athletic Club Fundazioa
· RCD Espanyol
· Fundación Club Atlético de Madrid
· Real Sporting de Gijón
· Sevilla Fútbol Club
· Real Sociedad Fundazioa
· Levante UD EDI
· CF Reus Deportiu
· Club Gimnàstic de Tarragona
· RCD Mallorca
· Valencia CF
· CA Osasuna
· Deportivo Alavés
· Villarreal CF
· Fundación Celta Integra
· Fundación Rayo Vallecano
· Real Oviedo
· Real ValladoliDI
· CD Leganés
· Girona FC
· Real Zaragoza
· Albacete Balompié
· SD Eibar Fundazioa
· UD Las Palmas
· CD Lugo
· Córdoba CF
· SD Huesca
· UD Almería
· Fundación Málaga CF EDI