RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

A Costa Rica de Celso Borges cítase mañá xoves con México na semifinal da Concacaf Nations League

- Foto: @fedefutbolcrc -

Celso Borges coa súa selección, Costa Rica, disputará a semifinal da Concacaf Nations League fronte a México mañá xoves 3 de xuño no Mile High Stadium (Denver, Estados Unidos) ás 22:00 (hora local, 6:00 do venres 4 de xuño en España).

O combinado 'tico' realizará esta tarde (madrugada do xoves en España) un último ensaio no campo de fútbol da Universidade de Colorado.

O gañador do encontro pasará á gran final do domingo 6 de xuño (19:00 hora local, 3:00 do luns 7 de xuño en España) contra o vencedor da outra semifinal que enfronta a Honduras e Estados Unidos. Os perdedores das semifinais xogarán a final de consolación ese mesmo domingo 6 de xuño (16:30 hora local, 00:30 do luns 7 en España). Ambos os encontros tamén se disputarán no Mile High Stadium.

Ademais, Costa Rica xogará un amigable ante Estados Unidos o mércores 9 de xuño no Rio Tinto Stadium (Salt Lake City) co que se pechará esta concentración.