A xogadora do Deportivo ABANCA B Sara Álvarez está concentrada en Suecia coa selección española sub-17 con motivo do Torneo de Exentos, unha competición internacional que enfronta a aqueles equipos nacionais que non teñen que xogar fase de clasificación para o novo formato do campionato de Europa.
No primeiro partido deste torneo disputado onte mércores, España caeu ante Alemaña (0-4), con Sara Álvarez sobre o céspede todo o partido.
O calendario de partidos de España, cos resultados dos xa xogados, é o seguinte:
Mércores 11 de setembro ESPAÑA 0 - ALEMAÑA 4
Sábado 14 de setembro 14:00: ESTADOS UNIDOS - ESPAÑA, no Estadio Falkenbergs Ip de Falkenberg
Martes 17 de setembro 18:00: SUECIA - ESPAÑA, no Estadio Angelholms Ip de Angelholm
Por este motivo, Sara Álvarez causará baixa para o debut do Deportivo ABANCA B no grupo 1º de Primeira Nacional, este domingo 15 de setembro ás 17:00 en Abegondo ante o CD Valladares.
A canteirá deportivista súmase así ás futbolistas do Dépor internacionais nas categorías inferiores da selección española nas últimas convocatorias: Teresa Abelleira, María Méndez e Carlota Sánchez.