RCD / NOVAS

A terceira edición do DéporCampus Cabreiroá de Monforte comezará o 24 de xullo

28/06/2017 11:56

O Concello de Monforte de Lemos acolleu a presentación do DéporCampus Cabreiroá que terá lugar neste concello da provincia de Lugo grazas ao acordo de colaboración entre o RC Deportivo, o CP Calasancio e o consistorio local.

Por terceiro ano consecutivo, Monforte acollerá un dos DéporCampus Cabreiroá. As datas da única quenda que terá lugar neste concello son do 24 ao 28 de xullo. Os Campos de Fútbol do Club Polideportivo Calasancio, na capital do municipio, serán a sede deste DéporCampus Cabreiroá, cuxas inscricións están abertas a nenas e nenos de entre 6 e 14 anos e poderán realizarse ata o mediodía do xoves 20 de xullo.

Na fotografía superior, os participantes no acto de presentación. De esquerda a dereita: David Páez (coordinador do CP Calasancio), José Barcala (responsable de metodoloxía do RC Deportivo), José Tomé Roca (alcalde de Monforte de Lemos), Pablo Barros (director do Campus) e Juan Carlos Díaz Pérez (presidente do CP Calasancio).

Podes atopar toda a información dos DéporCampus Cabreiroá en deporcampus.rcdeportivo.es/gl.